in

1936

Tres anos en tres actos

1936 Foto de Bárbara Sánchez Palomero
'1936'. Foto de Bárbara Sánchez Palomero.

“¡Viva la Quinta Brigada!
Rumba la, rumba la, rumba la
¡Viva la quinta brigada!
Rumba la, rumba la, rumba la
Que nos cubrirá de glorias
¡Ay, Carmela! ¡Ay, Carmela!

Que nos cubrirá de glorias
¡Ay, Carmela! ¡Ay, Carmela!”

Rolando Alarcón

4 horas e 30 minutos. Iso é o tempo que precisas se queres ver a última peza de Andrés Lima, 1936. Con descansos, iso si. Trátase dunha peza sobre teatro documento longa, intensa, con infinidade de datos na que coido non quedou case nada por contar.

Tiven a sorte de poder ver anteriores montaxes do director como Prostitución (2019) e Shock I: El Cóndor y el Puma (2021) e podo constatar que o traballo de investigación e rigorosidade que hai detrás de 1936 non defrauda. A temática desta vez é a guerra civil. Coa memoria histórica como pano de fondo, Lima trae aos escenarios unha peza sobre os acontecementos da guerra civil española. Quizais nunca viramos unha peza tan extensa, documentada nin tan necesaria como esta até o de agora, polo menos no referente á memoria histórica.

En escena están Antonio Durán “Morris”, Alba Flores, Natalia Hernández, María Morales, Paco Ochoa, Blanca Portillo, Guillermo Toledo, Juan Vinuesa acompañados polo Coro de Jóvenes de Madrid, que se vai encargar de dar ambientación ao espazo sonoro.


Publicidade

A peza achega infinidade de datos sobre este período convulso da nosa historia. Realiza unha análise na queconverxen personaxes históricos con personaxes actuais que investigan o feito histórico.
Partindo dende os ensaios previos ás olimpíadas do 36, suspendidas polo alzamento militar, viaxamos ao pasado da man de personaxes históricos clave como Franco, Queipo de Llano, Mola, Azaña, Clara Campoamor, Dolores Ibárruri, Largo Caballero ou simplemente as voces dos pobos ocupados polas tropas franquistas.

Transitamos pola conspiración, a guerra, os enfrontamentos entre persoas do mesmo bando, a unión que manteñen os sublevados, a defensa de Madrid, o desastre da batalla do Ebro, a creación do himno fascista, a fame, o sono, o terror, ou o exilio. E a pesar do dramatismo da peza, esta tamén deixa momentos para o comic relief, como acontece coa escena ente Franco e Franco pai (Juan Vinuesa e Morris), ou o monólogo do personaxe de Guerra Civil (Natalia Hernández) que desprende simpatía e tenrura.

O espazo escénico (Beatriz San Juan, quen tamén se encarga do vestiario) destaca pola súa sobriedade e minimalismo, dando total protagonismo aos actores e o coro durante toda a peza.
Con todo, destacamos o inmenso traballo de interpretación das actrices e actores que defenden con habelencia todos e cada un dos personaxes que interpretan. Mais gustaríame subliñar tamén a complexidade do texto, que corre a cargo de Albert Boronat, Juan Cavestany, Andrés Lima e Juan Mayorga. Hai que salientar tamén a dificultade de poñer este texto en pé: un resumo de tres cruentos anos en tres actos. Unha peza que primeiro mostra para analizarse a si mesma despois.

Unha peza que malia facerse longa, medra até o final. Unha peza que non deixa indiferente a ninguén.

1936, do Centro Dramático Nacional, Check-In Producciones e El Terrat

Texto: Albert Boronat, Juan Cavestany, Andrés Lima, Juan Mayorga

Dramaturxia: Albert Boronat e Andrés Lima

Dirección: Andrés Lima

Elenco: Antonio Durán “Morris”, Alba Flores, Natalia Hernández, María Morales, Paco Ochoa, Blanca Portillo, Guillermo Toledo, Juan Vinuesa e o Coro de Jóvenes de Madrid

Escenografía e vestiario: Beatriz San Juan

Iluminación: Pedro Yagüe

Composición musical: Jauma Manresa

Espazo sonoro: Kike Mingo

Dirección Coro de Jóvenes de Madrid: Juan Pablo de Juan

Videocreación: Miquel Ángel Raió

Caracterización: Cecile Kretschmar

Axudante de dirección: Laura Ortega

Axudante de escenografía: Arantxa Melero

Axudante de iluminación: Marina Palazuelos

Axudante de vestiario: Berta Navas

Axudante de videocreación: Gonzalo Bernal

Axudante de produción Check-In Producciones: Mayte Barrera

Axudante Check-In Producciones: Joseba Gil

Produción: Centro Dramático Nacional, Check-In Producciones e El Terrat

Comunicación Check-In Producciones: Pepe Iglesias

Colaboran: Asuntos Culturales, Teatre L’Artesà, Teatro de La Abadía

Auditorio de Galicia. Santiago de Compostela, 6 de abril de 2025.

 

 

Sara Santamaría

Sara Santamaría

Actriz, creadora e filóloga de inglés. Formada en Espazo Aberto (Santiago de Compostela) e en Central de Cine (Madrid) ten experiencia no eido audiovisual en series como Amar es para siempre , Augasquentes; e o spot publicitario de Gadis (2021). No eido teatral participou na obra Antigona de El Desván producciones, e conta cunha peza de creación propia, El valle de la silicona, á vez que está a traballar na dramaturxia do seu próximo proxecto. Na actualidade está a finalizar os seus estudos de interpretación textual na ESAD de Galicia.

"Escribo para expresarme, para comunicar e deixar pegada; así comezo a colaborar coa revista 'erregueté'".

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Trïade Hugo Pires

Arranca a 12ª edición de Galicia Escena Pro

Costa da Morte cartografía dun naufraxio

Mariña Lestón e o CDG estrean ‘Costa da morte, cartografía dun naufraxio’