in ,

Sarabela Teatro estrea ‘A metamorfose’

No Teatro Principal de Ourense

A metamorfose, de Sarabela Teatro
'A metamorfose', de Sarabela Teatro. Foto de Rubén Vilanova.
A veterana compañía de teatro ourensá Sarabela Teatro está a estrear no Teatro Principal de Ourense a súa nova montaxe, A metamorfose, adaptación escénica de Carlos Álvarez-Ossorio da novela homónima de Franz Kafka. Despois dunha función o xoves e outra onte, o Teatro Principal de Ourense acolle hoxe unha terceira representación, ás 21.00 horas, antes de que a peza inicie unha xira por diferentes localidades galegas.

Sinopse

A Metamorfose é a máis célebre novela de Franz Kafka e unha das máis importantes de toda a historia da literatura. Sen a menor cerimonia, o texto coloca o lector diante do famoso Gregor Samsa, transformado en insecto monstruoso. A partir de aí, a historia é narrada cun realismo inesperado que asocia o inverosímil e o sentido de humor ao que é tráxico, grotesco e cruel na condición humana  (todo no estilo transparente e perfecto dese mestre inconfundíbel da ficción universal). Rescataremos na versión escénica de Carlos Álvarez-Ossorio a dimensión cómica, grotesca do texto, que ocasionalmente desemboca no hilarante slapstick.

Que pasa cando lle quitamos a categoría de humano a un ser humano? Se non son seres humanos, entón, que son? Bechos, insectos? A metamorfose mostra a necesidade do ser humano de ser recoñecido, valorado e amado polo que é, non polo que produce ou achega”.

Ficha artística

Dramaturxia e dirección: Carlos Álvarez-Ossorio
Versión: Carlos Álvarez-Ossorio
Elenco: Fina Calleja, Fernando Dacosta, Sabela Gago, Elena Seijo e Fernando González.
Deseño de iluminación e escenografía: Baltasar Patiño
Videomaping: Iris Branco
Realización escenográfica: Amenosde7metros
Deseño de vestiario: Ruth Díaz Pereira
Dramaturxia do movemento: Nuria Sotelo
Campo sonoro: Renata Codda Fons
Fotografías: Rubén Vilanova
Gravación en Dvd: Alba V. Carpentier
Deseño gráfico: Redeiras.net
Técnicos de luz e son: José Bayón e Rubén Dobaño
Produción artística: Fina Calleja
Produción económica: Carlos D. del Río
Distribución: Culturactiva / Sarabela Teatro
Apoios: Xunta de Galicia, a través da Agadic; Deputación de Ourense e Teatro Principal de Ourense.
Redacción

Redacción

Redacción

Somos a erregueté | Revista Galega de Teatro.
A única publicación periódica que ten como obxecto as artes escénicas galegas dende 1983.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Cidade Imaxinaria

A proposta de ocio familiar Cidade Imaxinaria volve ao Gaiás

Microefectos dramatúrxicos

Os Microefectos Dramatúrxicos presentan catro pezas novas