in ,

ALOMAIS Teatro estrea ‘Ca-Co-Flex!’

Mañá, no Auditorio Gustavo Freire de Lugo

Imaxe dun ensaio de Ca-Co-Flex!
Imaxe dun ensaio de 'Ca-Co-Flex!'. Foto de Álex Sobrino.

Unha comedia sobre a non vivenda e o estado actual do mercado inmobiliario. Así se presenta o primeiro espectáculo da compañía ALOMAIS Teatro, titulado Ca-Co-Flex!, que estrean mañá, xoves 16 de outubro, ás 20:30 horas, no Auditorio Municipal Gustavo Freire de Lugo, dentro da programación semestral de teatro e danza do Concello de Lugo.

ALOMAIS Teatro é unha nova compañía de teatro galega, creada a comezos do ano 2025 por Mateo Rodríguez e Isa Fernández. Ambos estudaron teatro na escola santiaguesa Espazo Aberto e, ao rematar a súa formación, decidiron producir os seus propios espectáculos.

Mateo Rodríguez participou como actor en series como Rapa, e curtametraxes como Lobelia ou O Porco. Isa Fernández, encargada da dramaturxia e dirección deste espectáculo, vén de gañar o XX Premio Abrente para textos teatrais da MIT de Ribadavia. Completan o elenco Alixa Ladson e Loaira Lázare, e Julia Marín asina a escenografía. Álex Sobrino a iluminación e

O espectáculo

Ca-Co-Flex!  fala sobre o problema de vivenda “dende un lugar cómico e cargado de ironía, facendo unha parodia da sociedade contemporánea, das inxustizas do mercado inmobiliario e da romantización da pobreza que inunda as redes sociais e os discursos mediáticos”.

Sinopse

“No medio desta crise da vivenda, unha empresa nórdica decide crear casas modulares feitas con cartón: ecolóxicas, sustentables, rápidas e fáciles de montar. A derradeira tendencia para xente innovadora. En Ibiza, ofrecen caravanas como vivenda aos traballadores. Din que así sairán da súa zona de confort. Compartir piso ata os 40 fará que sigas sendo novo! Parece ficción, pero é o mundo. Nós collémolo, estudámolo, desfacémolo e lanzámolo a un escenario.

Un espazo escénico imposible, feito de cartón, con pezas que nunca encaixan. Catro actores e actrices que se reinventan en cada escena. Uns compañeiros de piso aburridos das mudanzas que cantan, bailan, xogan e parodian a realidade que lles tocou vivir. Condenados a estar xuntos para sempre. Una comedia para sobrevivir ao absurdo da realidade”.

Imaxe dun ensaio de Ca-Co-Flex!
Imaxe dun ensaio de ‘Ca-Co-Flex!’. Foto de Álex Sobrino.

Ficha artística

Texto e dirección: Isa Fernández
Dramaturxia: Isa Fernández, a partir de traballos co elenco
Elenco: Alixa Ladson, Isa Fernández, Loaira Lázare e Mateo Rodríguez
Deseño e construción do espazo escénico: Julia Marín
Iluminación: Álex Sobrino
Espazo sonoro: Isa Fernández, Alixa Ladson e Hugo González
Voz en Off: Chiara Naymé
Vestiario: Alomais Teatro
Deseño do cartel promocional: Aldán González
Produce: Alomais Teatro
Agradecementos: Santi Cortegoso, Tito Asorey, Local 27, Fundación Cidade da Cultura, Concello de Negreira, CSC Santa Marta, Centro Xove A Almáciga, A Casa do Rock, Imprenta Prelo, Hugo González, Ziggi Iglesias, Lúa Pagán

Fotografía: Álex Sobrino

Redacción

Redacción

Redacción

Somos a erregueté | Revista Galega de Teatro.
A única publicación periódica que ten como obxecto as artes escénicas galegas dende 1983.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

'Do reino (e) dos amores proscritos'. Foto de ensaio: Afonso Becerra

ALÓproducións estrea ‘Do reino (e) dos amores proscritos’ en Ribeira

Presentación FITo reducida 2

O FITO cumpre 18 anos