Pais e fillos, segredos e mentiras, culpa e redención. Nestas dúas obras protagonizadas por mulleres, Dans margullase nas zonas máis escuras da alma humana e afonda na nosa capacidade para facérmonos daño. Aquí, coma no resto do seu teatro, todos perden.
Antes de iniciar unha nova vida a carón dun home ao que non ama e co que aínda así vai casar, compre que Ana salde unha débeda co seu pasado. Este é o arranque de Unha corrente salvaxe, coa que o autor ganou o XXXVII Premi Born de Teatre 2012. Segundo os membros do xurado, “a obra desenvolve un misterio moi logrado, e recrea diversas atmósferas de intriga e suspense, grazas á complexidade dos personaxes e das situación e á axilidade dos diálogos”. Esta misma obra está publicada na erregueté– Revista Galega de Teatro nº 75 debido ao convenio co Cercle Artistic de Menorca, promotor do Premi Born, único premio de teatro editado nas catro línguas do estado español.
En Historia dunha descoñecida, inquietante thriller psicolóxico, Adela apura os últimos días de setembro e da súa madurez na casa de veraneo que ten na praia mentres o seu home, escritor de éxito, lle pon fin a súa nova novela, sen saberen que está a piques de descubrirse o perturbador segredo sobre o que se sustenta o seu mundo.
Raúl Dans (A Coruña, 1964) é autor teatral, guionista e actor de dobraxe. Galardonado con diversos premios por varios dos seus textos dramáticos e tamén como guionista de series de ficción para a Televisión de Galicia.