in

Avento estrea o seu novo espectáculo, Aladino e a lámpada marabillosa

Aladino foto032 |
Unha comedia musical, de corte familiar e chea das disparatadas ocorrencias do xenio da lámpada marabillosa, é a nova aposta da compañía viguesa.
| Foto: Sr. Sagüillo |

 

O mozo Aladino loita en Agrabah por atopar un traballo que lle permita mercar algo de comer e, quizais, conseguir unha mellor vida. Pero a situación non está ben para ninguén e cada vez hai menos clientes aos que lles vender. Mentres, no pazo do sultán, unha princesa noviña tenta facerse ouvir e cambiar as vellas leis que a obrigan casar. Os dous protagonistas séntense presos, cada quen á súa maneira, e o seu desacordo coas normas establecidas levaraos a viviren unha grande aventura.

Nesta nova revisión do clásico incluído nas historias d’As mil e unha noites, Xoan Abreu, director da montaxe, pon sobre as táboas un dilema: por que, nun mundo onde todo cambia, as leis non se poden cambiar?

O mesmo director interpreta o malvado Jafar, a man dereita do sultán, que tentará facerse co poder da lámpada marabillosa. O resto do elenco fórmano Rocío Salgado, Fernanda Barrio, Merchi Lago, Martín Maez, Marcos Alonso e Jonathan Caramés, que darán vida a máis de catorce personaxes e porán voz a temas musicais compostos polo propio Xoan Abreu e Jonathán Caramés. A escenografía corre a cargo de Gustavo Brito e o deseño de iluminación é de Javi Quintana.


Publicidade

Aladino e a lámpada marabillosa é o sexto espectáculo de Avento Producións, a compañía viguesa que, dende súa consolidación profesional, levou aos escenarios obras para público adulto como BU21 ou Como sobrevivir a unha apocalipse zombi e outras para nenos como Hansel e Gretel, O mago de Oz e Fantasticks.

A obra poderase ver na sala Ártika en Vigo (Beiramar, 113) dende o sábado 27 de xaneiro ao domingo 18 de febreiro en tres pases semanais: os sábados ás 18:00, e os domingos ás 12:00 e ás 18:00.

 

Redacción

Redacción

Somos a erregueté | Revista Galega de Teatro.
A única publicación periódica que ten como obxecto as artes escénicas galegas dende 1983.

Deixa unha resposta

Avatar

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

residenciasparaiso18 |

O Colectivo RPM abre o prazo para as Residencias Paraíso 2018

Masamadresalmarina |

Proxecto PANK estrea ‘Masa Madre + Sal Marina’ no Teatro Ensalle