Día Mundial do Teatro para a Infancia e a Mocidade

O 20 de marzo celébrase o Día Mundial do Teatro para a Infancia e a Mocidade e ASSITEJ (Asociación Internacional de Teatro para a Infancia e a Mocidade) quere celebralo coa mensaxe ‘Leva a unha crianza ao teatro hoxe’, lembrando o valor do teatro no desenvolvemento da infancia e a mocidade. Máis de 80 países sumaranse a esta celebración. O Día Mundial é unha campaña global. ASSITEJ ten máis de 80 centros nacionais así como redes profesionais con afiliados en 100 países.
O dramaturgo e ilustrador Mo Willems foi o escollido para redactar a mensaxe internacional que celebra este día e que reproducimos a seguir:

 

MENSAXE DE MO WILLEMS POLO DIA MUNDIAL DO TEATRO PARA A INFANCIA E A MOCIDADE 2018

Día Mundial do Teatro para nenos e mozos? En serio?

Por que ti, de entre toda a xente, levarías unha crianza para ver “teatro infantil”?

Non tes nada mellor que facer que mirar un grupo de adultos, polo xeral tan serios e aborrecidos, facendo o parvo, facendo moito ruído, poñéndose tristes e facendo o ridículo só para impresionar á crianza que amas? A pregunta é: a quen lle interesa ser arrebatado por un mundo de imaxinación e de contos? Quen quere vivenciar personaxes e emocións que son sobrenaturais e coas que, ao mesmo tempo, podes sentirte completamente identificado? Necesitas realmente a maxia, a maxia transformadora dunha actuación en vivo, na túa vida? Ver esa maxia a través dos ollos da crianza achégate algo? Sexamos realistas: queres crear lembranzas que no futuro sexan o trampolín para o xogo desa persoa moza que amas?

Agarda.

Iso parece abraiante.

Cando esteas aconchegado no teu asento e se levante o pano, saberás que estás vendo algo máis ca un espectáculo; estarás experimentando unha nova e especial forma de conectar con esa crianza que é especial para ti.

Ah, e probablemente, esa crianza tamén vai pasalo ben.

 

Mo Willems
Escritor, ilustrador, dramaturgo, ex-crianza

 

PS: o dia mundial do teatro para crianzas e persoas mozas é o dia 20 de marzo de 2018. Mais a maxia transformadora do teatro foi prorrogada indefinidamente.

Deixar unha resposta