Mensaxe do Día Internacional da Danza 2018

| Ohad Naharin, Israel |

 

Danzar é ser no momento. Trátase de escoitar o que as sensacións emiten e de permitir que esta escoita se transforme no detonante de todo tipo de sentimentos, formas e contidos. Mais lembrando sempre o lugar do que procedemos.

Cando me preguntan de que trata o meu traballo a miña primeira resposta é que trata sobre si mesmo. Sobre como todos os elementos que o conforman se ensamblan para crear unha narrativa. Unha narrativa danzada sobre o volume, sobre a delicadeza, sobre o emprego dun poder fulminante. A procura do movemento, da organización e da estrutura. A burla de nós mesmos, as dinámicas, a hipérbole e a subestima, os vínculos entre o pracer e o esforzo, e a sublimación da loucura, a paixón e a fantasía de cada danzante nunha forma precisa.

Na súa mellor encarnación, a danza pode ser sublime, mesmo cando está afastada da perfección. Precisamos opoñernos ao pensamento conservador e convencional enraizado en boa parte do ensino e o adestramento da danza e substituír as vellas ideas por outras novas e mellores. E debemos lembrar sempre que hai que bailar un pouco cada día…

E debemos lembrar sempre que hai que bailar un pouco cada día… e nunca fronte a un espello.

 

———-

O Día Internacional da Danza celébrase o 29 de abril desde que foi establecido en 1982 polo Comité Internacional de Danza do Instituto Internacional do Teatro (ITI). Esta data conmemora o nacemento (en 1727) de Jean-Georges Noverre, bailarín e profesor considerado o creador do ballet moderno. Cada ano o ITI confía a unha coñecida personalidade do mundo do baile a escritura dunha mensaxe que se le a todo o mundo. Este ano, a mensaxe europea foille encargada a Ohad Naharin, coreógrafo e director artístico da Batsheva Dance Company.

 

Deixar unha resposta