in

Federico Pérez e Pepo Suevos estrean ‘A culpa é do sistema’

culpaedosistema

 e  percorrerán os teatros e auditorios de ata oito localidades durante as próximas semanas co seu novo espectáculo de improvisación A culpa é do sistema. A estrea será hoxe en Ponteareas, onde no Auditorio Reveriano Soutullo comezarán a xira desta primavera.

O público marcará desde as súas butacas os temas a tratar polos cómicos sobre o escenario, provocando improvisadas críticas sobre os últimos acontecementos da actualidade. O obxectivo concreto destes dous elementos era concebir unha peza que fixese escachar ao público coa risa, pero tamén a eles mesmos. E para iso, non se lles ocorreu nada mellor que facer do público o principal protagonista do espectáculo, como creativo, ademáis de como destinatario. Os asistentes á función poderán escoller entre varias opcións cada vez que se plantexe unha nova situación sobre o escenario, e os atrevidos actores terán que adaptar os contidos da obra á demanda do respectable.

Tratándose dunha proposta na que a inmediatez é fundamental, pois a temática non pode ser outra que a actualidade. A vida política, o día a día dunha escola ou as horas mortas dos xubilados. Todo. Así, calquera acontecemento relevante que tivera lugar nas horas previas á función, pode xa ser tratado e integrado de xeito automático nun espectáculo cómico.

PUBLICIDADE

A segunda cita será en Ortigueira, no Teatro da Beneficencia, o 28 de abril, para rematar o mes dous días despois, o domingo 30, en Negreira. Xa no mes de maio, visitarán Cee (o día 12), o Ágora da Coruña (o 16) e Cambados (o sábado 19). Rematarán a xira o 2 de xuño na Illa de Arousa, e o 16 do mesmo mes no Carballiño.

PUBLICIDADE
PUBLICIDADE
PUBLICIDADE
Redacción

Redacción

Somos a erregueté | Revista Galega de Teatro.
A única publicación periódica que ten como obxecto as artes escénicas galegas dende 1983.

Deixa unha resposta

Avatar

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

GIPHY App Key not set. Please check settings

    danza9

    Mensaxe do Día Internacional da Danza 2018

    flags

    Rolda internacional: 22 / 4 / 2018