O Festival de Teatro Galego Celso Parada do Carballiño rematou coa entrega dos Premios Dorotea Bárcena, outorgados polo público e o xurado, composto este ano por Casilda Alfaro, Mariana Carballal, Xosé Leis, Rubén Riós e Manuel Xestoso, nunha gala presentada por Marián Bañobre. Chévere recibiu o Premio ao Mellor Espectáculo –escollido polo público– por Curva […]
Etiqueta: Pepo Suevos
O FETEGA do Carballiño pasa a chamarse Festival de Teatro Galego Celso Parada
Inclúe unha ducia de citas con destacadas compañías galegas, ademais de monólogos, animación de rúa, coloquios, obradoiros e a entrega dos premios Dorotea Bárcena. O Festival de Teatro Galego (Fetega) do Carballiño anunciou hoxe a súa programación, nunha edición que marca o trixésimo aniversario da súa existencia. A dirección do festival carballiñés rende homenaxe […]
Touriñán presentou o programa da nova edición de Castelo Conta
Onte deuse a coñecer a programación do festival Castelo Conta, que comezou como unha andaina pola parroquia de Castelo (Culleredo) co cómico Xosé Antonio Touriñán como anfitrión e xa é unha das citas máis esperadas do verán. O festival desenvolverase dende o 19 ao 24 de agosto e ofrecerá durante estes seis días un amplo […]
Comeza a III edición de “Falando a boca chea” na Coruña
O festival inclúe este ano unha homenaxe a Xabier P. Docampo. O Fórum Metropolitano da Coruña acolle no mes de abril a terceira edición do festival Falando a boca chea, que contará con destacadas voces da narración oral en Galicia co obxectivo de achegala a un público de todas as idades. O festival, que […]
Federico Pérez e Pepo Suevos estrean ‘A culpa é do sistema’
Federico Pérez e Pepo Suevos percorrerán os teatros e auditorios de ata oito localidades durante as próximas semanas co seu novo espectáculo de improvisación A culpa é do sistema. A estrea será hoxe en Ponteareas, onde no Auditorio Reveriano Soutullo comezarán a xira desta primavera. O público marcará desde as súas butacas os temas a tratar polos cómicos […]