in

Comeza a III edición de “Falando a boca chea” na Coruña

Falandoabocachea2018 |
O festival inclúe este ano unha homenaxe a Xabier P. Docampo.

 

O Fórum Metropolitano da Coruña acolle no mes de abril a terceira edición do festival Falando a boca chea, que contará con destacadas voces da narración oral en Galicia co obxectivo de achegala a un público de todas as idades.

O festival, que terá lugar entre hoxe e o domingo 14 de abril, ten como obxectivo dar pulo á tradición da narración oral galega, e empregará distintas localizacións do Fórum Metropolitano para mostrar espectáculos adaptados a todas as idades e unha programación axustada en distintos horarios para que a veciñanza poida asistir ás distintas propostas.

Esta edición incluirá unha sesión de homenaxe  o finado mestre, escritor e difusor da lingua e cultura galegas Xabier P. Docampo, cun narrador e dúas narradoras de excepción: Caxoto, Charo Pita e Soledad Felloza. Será hoxe, 9 de abril, no Fórum Metropolitano.

O domingo haberá un fin de festa especial con Avós, un espectáculo protagonizado por Caxoto, Soledad Felloza e Ramiro Neira que quere render homenaxe á relación que teñen os netos cos seus avós.

 

PROGRAMA


Publicidade

Hall Fórum Metropolitano

10 de abril ás 19:00: Candido Pazó
11 de abril ás 19:00: Charo Pita
12 de abril ás19:00: Paula Carballeira
13 de abril ás 19:00: Ramiro Neira

 

Auditorio Fórum Metropolitano

9 de abril ás 20:00: Charo Pita, Caxoto e Soledad Felloza (homenaxe a Xabier P. Docampo)
10 de abril ás20:00: Oswaldo Digón
11 de abril ás20:00: Ángela Triana
12 de abril ás 20:00: Isabel Risco
13 de abril ás 20:00: Pepo Suevos

 

Teatro Colón

14 de abril ás 12:00 e ás 18:00: Avós, con Caxoto, Soledad Felloza e Ramiro Neira

Redacción

Redacción

Somos a erregueté | Revista Galega de Teatro.
A única publicación periódica que ten como obxecto as artes escénicas galegas dende 1983.

Deixa unha resposta

Avatar

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Cartoons |

PT Excéntricas estrea’ Cartoóns’ en Rianxo

Neorretrancaposmorriña2 |

O CDG estrea ‘Neorretranca e posmorriña’