No Día Internacional da Narración Oral conmemórase a arte de narrar de viva voz, manifestación artística tamén denominada contacontos. Celébrase cada 20 de marzo, coincidindo co equinoccio de primavera. A festividade tivo a súa orixe en Suecia no ano 1991 e, aos poucos, fóronse engadindo outros países.
Etiqueta: Ramiro Neira
O Festival Atlántica volve este outono para completar a súa oitava edición
Nove concellos serán sede das actividades: Santiago de Compostela, Ferrol, A Coruña, Ourense, Vigo, Lalín, Teo, Pazos de Borbén e Bertamiráns. Tras a interrupción de marzo por mor da declaración do estado de alarma, o Festival Atlántica vén de anunciar a continuación da súa oitava edición, que se vai celebrar entre novembro e decembro. […]
O Festival Atlántica encherá Galicia de contos do 11 ao 20 de marzo
Vinte e cinco contadores de Brasil, Colombia, Venezuela, Portugal, Palestina, Huesca, Salamanca, Zamora e Galicia protagonizarán as 54 actuacións deste ano. O Festival Atlántica vén de anunciar a programación da súa oitava edición, que se vai celebrar entre os días 11 e 20 de marzo. A presentación tivo lugar este martes, 18 de febreiro, […]
Comeza a III edición de “Falando a boca chea” na Coruña
O festival inclúe este ano unha homenaxe a Xabier P. Docampo. O Fórum Metropolitano da Coruña acolle no mes de abril a terceira edición do festival Falando a boca chea, que contará con destacadas voces da narración oral en Galicia co obxectivo de achegala a un público de todas as idades. O festival, que […]
II edición do festival “Falando a boca chea” na Coruña
O Fórum Metropolitano da Coruña acolle no mes de abril a segunda edición do festival Falando a boca chea, que contará con destacadas voces da narración oral en Galicia co obxectivo de achegala a un público de todas as idades. O festival, que terá lugar entre 17 e o 21 de abril, suma espazos e […]