in

PT Excéntricas estrea’ Cartoóns’ en Rianxo

Cartoons |
A compañía anuncia, ademais, a estrea dunha versión de Medida por medida, de Shakespeare, en outubro, no FIOT de Carballo.

 

Producións Teatrais Excéntricas celebra neste 2019 o seu 15º aniversario e faino con varias estreas: tras Vacas, Guerras, Porcos e Cregos (8 de xaneiro en Madrid) e Tres Vellas, polo menos (16 de febreiro en Vimianzo) –espectáculos unipersoais de Quico Cadaval– e Carpe Diem (27 de febreiro en Santiago de Compostela), esta semana estrean Cartoóns,en coprodución con Teatro de Adro, o primeiro espectáculo infantil na historia da compañía. A función será este sábado 13 de abril, ás 19:00, no Auditorio Municipal de Rianxo.

Cartoóns é un proxecto creado na súa totalidade por Víctor Mosqueira e Josito Porto coas colaboracións de Kukas (na escenografía e no deseño gráfico), Quico Cadaval (na dirección) e Pepe Quintela (na iluminación). Un espectáculo de estilo clown e musical, de 60 minutos de duración, con versión de rúa, e dirixido especialmente a nenos de 4 a 12 anos, sen esquecer a todo tipo de público familiar. É dicir, para todas as idades.

Publicidade

Logo de Rianxo, os pallasos Víctor e mais Josito comenzarán unha extensa xira con funcións xa confirmadas en Bandeira, a Illa de Arousa, a Mostra de Cangas, A Pobra do Caramiñal ou o Salón Teatro de Compostela, antes de dar o salto a Portugal e ao resto da península.

E tras Cartóons, PT Excéntricas anuncia unha nova estrea, o venres 4 de outubro, no FIOT de Carballo: Medida por Medida, de William Shakespeare, un espectáculo de gran formato dirixido por Quico Cadaval e protagonizado por Melania Cruz, Evaristo Calvo, Patricia Vázquez, Víctor Mosqueira, María Costas, Josito Porto e algún outro actor por confirmar.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Redacción

Redacción

Somos a erregueté | Revista Galega de Teatro.
A única publicación periódica que ten como obxecto as artes escénicas galegas dende 1983.

Deixa unha resposta

Avatar

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

redebibliotecas |

Narradorxs orais reclámanlle á Xunta a mellora da rede de contratación nas bibliotecas

Falandoabocachea2018 |

Comeza a III edición de “Falando a boca chea” na Coruña