in ,

Touriñán presentou o programa da nova edición de Castelo Conta

CASTELO CONTA 2019 |

Onte deuse a coñecer a programación do festival Castelo Conta, que comezou como unha andaina pola parroquia de Castelo (Culleredo) co cómico Xosé Antonio Touriñán como anfitrión e xa é unha das citas máis esperadas do verán. O festival desenvolverase dende o 19 ao 24 de agosto e ofrecerá durante estes seis días un amplo programa de actividades para todos os públicos, con apartados especiais para as crianzas e para maiores que participan contando as súas historias.

Nun acto no que participou xunto ao vicepresidente da Deputación da Coruña, Xosé Regueira, e o alcalde de Culleredo, Xosé Ramón Riobóo, Touriñán desvelou o programa da quinta edición do festival, que inclúe apartados como “Xente miúda do Castelo Conta”, “Contos de Castelo”, “Os seráns do Castelo Conta” ademais de concertos, verbena, sesións vermú de contadas, un espectáculo de monologuistas ademais dunha andaina e unha churrascada.

Castelo Conta incluirá a participación de contadores como como Carlos Blanco, Avelino González, Celso Sanmartín, Lucía Veiga, Federico Pérez, Pepo Suevos e moitos outros nomes da narración oral, ademais de músicos como Xabier Díaz e as Adufeiras de Salitre, Sito Sedes ou Pablo Díaz.

O programa completo do festival pódese consultar neste cartel:


Publicidade

 

CasteloConta19 |

Redacción

Redacción

Somos a erregueté | Revista Galega de Teatro.
A única publicación periódica que ten como obxecto as artes escénicas galegas dende 1983.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Commedia16 |

Sete espectáculos en A esCEEna, a V Semana de Teatro e das Artes Escénicas de Cee

DonaBarrigaVerde |

Arte escénica, moral castradora e balbordo