in , ,

‘Curva España’ de Chévere, Premio ao Mellor Espectáculo no FETEGA do Carballiño

DC3C995C BC8C 4F0D 8BDE 25F060086457 |

O Festival de Teatro Galego Celso Parada do Carballiño rematou coa entrega dos Premios Dorotea Bárcena, outorgados polo público e o xurado, composto este ano por Casilda Alfaro, Mariana Carballal, Xosé Leis, Rubén Riós e Manuel Xestoso, nunha gala presentada por Marián Bañobre.

Chévere recibiu o Premio ao Mellor Espectáculo –escollido polo público– por Curva España. Patricia Vázquez recibiu o premio á Mellor Actriz polo seu papel na obra A compañeira de piso, de Contraproducións, mentres que o Premio ao Mellor Actor foi para Machi Salgado, polo seu traballo en Idiota, de Redrum Teatro.

Ademais, Catro segundos, da Compañía IO recibiu o Premio ao Mellor Espectáculo de Rúa, e Pepo Suevos o Premio ao Mellor Monólogo, un galardón que se incorpora este ano ao palmarés do FETEGA.


Publicidade

Como xa fora anunciado, o Premio de Honra foille entregado á Miguel de Lira, un dos compoñentes de Chévere, compañía coa cal xa leva colleitados numerosos premios, entre eles o Premio Nacional de Teatro.

O FETEGA, que este ano pasou a chamarse Festival de Teatro Galego Celso Parada, celebrou neste ano o seu trixésimo aniversario.

Redacción

Redacción

Somos a erregueté | Revista Galega de Teatro.
A única publicación periódica que ten como obxecto as artes escénicas galegas dende 1983.

Deixa unha resposta

Avatar

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

ourensemerececultura |

Escena Galega rexeita o abandono do Festival de Teatro de Ourense por parte do Concello

CamiñoEscenaNortepresentacion |

O proxecto Camiño Escena Norte inicia a súa programación o día 22