in

Convocatoria Eurodram 2018-2019

eurodrame1 |

A convocatoria para textos traducidos da rede Eurodram ten aberto o seu prazo de recepción de propostas ata o 31 de decembro de 2018. Unha vez avaliadas as candidaturas, as pezas seleccionadas daranse a coñecer o 15 de marzo de 2019.

Poden concorrer a esta convocatoria da rede de tradución teatral Eurodram os textos traducidos atendendo a dúas posibilidades. Por unha parte, pode tratarse de obras traducidas do castelán, aragonés, aranés, asturleonés, balear, éuscaro, galego ou valenciano (o catalán dispón dun comité autónomo dentro do Eurodram) que foran posteriormente traducidas a calquera dos seguinte idiomas: albanés, alemán, inglés, árabe, armenio, azarí, linguas bálticas (letón e lituano), belaruso, bosníaco, croata, montenegrino, serbio, búlgaro, linguas do Cáucaso Norte, francés, xeorxiano, grego, hebreo, español, italiano, linguas iranianas (kurdo e persa), macedonio, holandés, danés, islandés, noruegués, sueco, polaco, romanés, romaní, ruso, esloveno, sorabo, turco, ucraíno. De igual xeito, poden presentarse obras escritas na área do Eurodrama e nos seus idiomas correspondentes traducidas ao español: albanés, alemán, árabe, armenio, aragonés, aranés, asturleonés, azarí, balear, linguas bálticas (letón e lituano), belaruso, bosníaco, catalán, croata, éuscaro, montenegrino, serbio, búlgaro, linguas do Cáucaso Norte, francés, galego, xeorxiano, grego, hebreo, español, italiano, inglés, linguas iranianas (kurdo e persa), macedonio, holandés, danés, islandés, noruegués, sueco, polaco, romanés, romaní, ruso, esloveno, sorabo, turco, ucraíno, valenciano.

 

Publicidade

Proceso de selección

Os materiais deben ser enviados nun correo único ao coordinador do comité español David Ferré: [email protected] ou, no seu defecto, a [email protected] (coordinación xeral).

No asunto do correo incluirase a seguinte información: «Convocatoria Eurodram 2018» xunto co apelido autor (sen nome) e título da obra en español. Nun arquivo adxunto deberán incluírse dous documentos en formato PDF: a ficha da proposta e o texto da peza. No que respecta á ficha da obra debe presentar (no texto do mesmo correo deberán constar os mesmos datos): Título da obra, nome e apelido do autor, breve biografía dx dramaturgx (nome, data e lugar de nacemento), ano e lugar de escritura do texto, ano e lugar da tradución, breve biografía dx tradutorx (nome, data e lugar de nacemento), posible edición da tradución, idioma orixinal – idioma traducido, sinopse en castelán, número de personaxes, referencias a premios recibidos, referencias a producións anteriores, calquera outra información adicional que se estime oportuna. Por outra parte, é preciso adxuntar o TEXTO coa seguinte información: nome do arquivo formado polo apelido do autor e o título da obra; obra traducida nun arquivo adxunto (ao inicio do documento debe constar o nome dx dramaturgx, dx tradutorx, do título orixinal, do título traducido da obra e do idioma inicial ou de chegada da tradución); o texto traducido.

Os autores e autoras poderán enviar unicamente unha obra da súa autoría. Os tradutores poderán enviar tantas traducións súas como desexen sempre que non pertenzan ao mesmo autor. Cada correo recibe acuse de recibo polo que, no caso de que non sexa notificada a recepción do mesmo, despois de 10 días do envío, a organización prega que as persoas interesadas se dirixan a documentacion@ sildav.org.

Máis información en www.eurodram.org.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Redacción

Redacción

Somos a erregueté | Revista Galega de Teatro.
A única publicación periódica que ten como obxecto as artes escénicas galegas dende 1983.

Deixa unha resposta

Avatar

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

somoscriminais sl |

As entradas para o FIOT de Carballo póñense á venda mañá

4074 |

Teatro e música volven ao ciclo Sen Numerar do Fórum da Coruña