Magín Blanco e Teatro Ghazafelhos estrean ‘A nena e o grilo máis aló’ en Narón

O Pazo da Cultura do concello de Narón acolle o vindeiro 28 de outubro, ás 18:00, a estrea do novo espectáculo de Magín Blanco con Teatro Ghazafelhos: A nena e o grilo máis aló.

A Nena e o Grilo é un proxecto musical de Magín Blanco que comeza xa hai uns anos co álbum O país das Apertas e seguido máis tarde co de A nena e o grilo nun Barquiño. Estes dous traballos tiveron moi boa acollida entre o publico, mesmo con múltiples representacións fóra da comunidade autónoma de Galicia coa súa tradución ao castelán. Hai un notable interese no público por estas personaxes que se manifesta nos con nuas aforos completos que teñen do estas representacións.

Teñen como o condutor a dúas personaxes que son o reflexo das nenas e nenos no seu camiño da vida; recollen todo o mundo que o rodea e transfórmano nunha aprendizaxe filtrada polos ollos da infancia. A maxia de entrar nunha biblioteca e viaxar pola musica, descubrir a poesía, a igualdade, as cousas que di o silencio, as apertas… a busca do sen do dos nosos corazóns… Todo iso, xunto a pillaría destes personaxes, fan que o publico,grandes e pequenos, se entreguen a un espectáculo inesquecible.

No traballo anterior Magín Blanco xunto con Ghazafelhos crearon o espectáculo de A Nena e o Grilo nun Barquiño, e nel naceu unha peza moi visual, poética, onde a música foi a protagonista e os personaxes un acompañamento. Nesta nova entrega a nena e o grilo esmagan sen querer á súa amiga Xertrude a araña… Buscando un xeito de devolverlle a vida, atópanse cuns artistas ambulantes que os guiarán a través da maxia e da música ao país dos mortos onde tentarán atopar a Xertrude para traela de volta. Nena e grilo no máis aló é unha historia divertida e evocadora que nos transporta ás buscas máis insólitas…Qué pasa logo da morte?

A interpretación musical en directo acompañará a peza, e todas as composicións musicais son da autoría de Magín Blanco, bo coñecedor do público infantil despois de catro traballos editados para el. O público ao que vai dirixida a creación é a partir de tres anos en pases familiares e a recomendación para pases escolares é a partir de 5 anos (Educación Primaria).

 

Ficha

Director Musical: Magín Blanco
Autor: Pepablo Patinho
Elenco: PepabloPatinho, Montse Piñón e Jorge Casas
Guitarra e voz: Magín Blanco

Deixar unha resposta