Co galo dos catro Premios María Casares obtidos por A cabeza do Dragón (Mellor Vestiario, Mellor Tradución / Adaptación, Mellor Actor Secundario, Mellor Actor Protagonista), especialmente polo premio á mellor tradución / adaptación, recuperamos este artigo de Quico Cadaval, publicado na erregueté nº 90 no que o tradutor e director da obra expón a súa visión […]
Categoría: Opinión
O ronsel, por Esther Carrodeguas
| Esther Carrodeguas | | Foto: Manuel G. Vicente | Corre veña dálle: corre, Esther, corre! Corre que chegas tarde: corre! A cabalo-en metro-en tren, corrrrrrre! Corre que mentres corres todo se perde polo camiño. Desas cousas que se perden: Estela Lloves. Coñecina en febreiro de 2018. Escenas do Cambio. A cousa prometía dende […]
‘O Fidalgo’ de San Luís Romero, por Rosalía Fernández Rial
“Unha casa probe na aldea de Bértoa. Porta ó foro direita; fenestra á esquerda, que dá á cuciña e ó curral. Debaixo da fenestra, un sarillo. Primeiro termo, á direita, unha ucha grande e vella; á esquerda, unha artesa. Segundo termo, á esquerda, antre a porta da cuciña i a fenestra, unha lacea grande separada […]
Derrubando muros invisibles, por Rebeca Sanz Conde
A autora vén de dirixir a lectura dramatizada da obra Índigo, de Vanesa Sotelo, no El Pavón Teatro Kamikaze de Madrid, dentro do ciclo Las funciones por hacer. | Rebeca Sanz Conde | Cando recibín o texto Índigo algo máxico sucedeu case de inmediato. Ao comezar a lectura puiden sentir como unha voz me guiaba internándome […]
Escoitar para ter algo que dicir, por Paula Carballeira
| Paula Carballeira | Xa non desde o escenario, senón desde a butaca, boto de menos a escoita nos espectáculos para público familiar. Preocúpame. Coido que é un reflexo fidel do mundo de barullo no que vivimos, onde nada merece a nosa atención porque sempre andamos na procura de algo máis, de algo mellor. […]
As fronteiras son cicatrices no terreo e poñémolas nós, por Paula Carballeira
| Texto: Paula Carballeira | | Foto: Susana Neves | En outubro do ano 2015, no marco do Festival Internacional de Marionetas do Porto, estreouse As filhas do diabo da compañía Limite Zero. Tanto o texto como a dramaturxia dese espectáculo a partir de dous contos da tradición común galego-portuguesa, foi da miña autoría, […]
O muro, por Carlos Santiago
| Texto: Carlos Santiago | Hai un muro entre a Galiza e Portugal que condiciona calquera debate, non só no eido teatral, sobre os seus desexables amoríos. O muro é eminentemente cultural, e para nada ortográfico. Temos, nunha beira do río, un país excéntrico que perde unha e outra vez as oportunidades de definir […]
Un solo de Charlie Parker (e isto non é unha crítica dunha obra de teatro), por Roi Vidal Ponte
| Roi Vidal Ponte | Un solo de saxo pode ser estimulante como a amañecida dun paxariño, pero de cotío adoita ser bastante triste. O mesmo acontece con todo o que arrodea ao teatro galego. As boas novas abrollan mes a mes en forma de inventiva, premios nacionais e estreas históricas, pero a xente […]
O humor non ten dúbida, por Camilo Franco
| Camilo Franco | Pasou a romería e volvemos ao lugar de sempre. Os premios María Casares déronlle unha volta ao panorama do pasado ano escénico e reafirmaron algunhas das intencións da edición anterior. Que Chévere é a principal compañía de teatro que ten Galicia, que en nada deixaremos de falar de novas xeracións de teatro […]
Vintage Modern, por Roi Vidal Ponte
| Roi Vidal Ponte | Que bonito é todo o que se cubriu co po do tempo, coa pátina dos anos que pasaron mentres non escampaba. Elefante Elegante, compañía anfitrioa e condutora da gala de entrega dos Premios María Casares 2015, ofreceron unha festa artellada coa nostalxia do que xa está ancorado no inconsciente […]