in

Arranca no Ferrol ‘Teatro con G’ con dez obras de Teatro Escolar e Profesional

TeatroconG1 |

O Concello de Ferrol, a través da área Educación, e Coordinadora de Equipas de Normalización organiza unha nova edición de Teatro con G, cun programa de teatro en galego que combina catro grupos profesionais e seis escolares.

O programa de teatro terá como escenarios o Jofre, o centro Carvalho Calero e o CEE Terra de Ferrol e vai de maio a outubro para todos os centros desde Infantil a Bacharelato. O programa está aberto para todos os colexios da comarca, en función da disponibilidade e prazas do aforo.

A data de comezo será a partir do 8 de maio ata o 30 de outubro en dez xornadas nas que se representarán un total de 19 obras en diferentes escenarios. Básicamente, o programa terá lugar no Jofre aínda que haberá un acto final no mes de outubro cun recitado poético no Carvalho Calero, no Inferniño, para todos os centros participantes no programa como peche da edición.

Ademais, tamén terá lugar unha sesión especial no salón de actos CEE Terra de Ferrol o próximo 25 de maio. No teatro profesional, figuran grupos como Mofa e Befa, Caramuxo Teatro, Os Ghazafelhos… que realizarán funcións ideadas para Primaria, Educación Especial, ESO, Bacharelato e Ciclos.


Publicidade

«A intención é conseguir, por medio do teatro, máis espazos de socialización onde os meniños, os nenos e a mocidade se poidan desenvolverse na nosa lingua», comentaba o concelleiro de Educación e Cultura, Suso Basterrechea.

 

TeatroconG |

Redacción

Redacción

Somos a erregueté | Revista Galega de Teatro.
A única publicación periódica que ten como obxecto as artes escénicas galegas dende 1983.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

TINAHALFORD |

Convocatoria para Enxebre Danza 18

teatrod1 |

XXII Semana de teatro escolar “Ben veñas, maio” en Pontevedra