in

XXII Semana de teatro escolar “Ben veñas, maio” en Pontevedra

teatrod1 |

Os días 9, 10 e 11 de maio, terá lugar a XXII Semana Teatral Ben Veñas Maio no Teatro Principal de Pontevedra. Os grupos teatrais dos diferentes institutos mostrarán ao público o seu traballo durante o curso e proporcionaráselles un vale por valor de 70 euros para decorados e materiais necesarios.

Esta mostra de teatro escolar xurdiu vinculada ao programa Ben veñas, maio, que este ano conmemora o seu 25 aniversario. A iniciativa, dirixida ao alumnado de ensino medio, está deseñada para fomentar o uso do galego nas actividades propias da mocidade.

En concreto, a semana teatral busca amosar o traballo realizado en lingua galega polos grupos teatrais dos diferentes institutos da cidade ao longo do curso.

Publicidade

O programa Ben veñas, maio complétase cunha oferta de certames aos que se pode presentar alumnado dos institutos públicos de Pontevedra. Hai concursos de fotografía, banda deseñada, narración curta, poesía, música e curtametraxes.

O evento e os certames encádranse, ademais, dentro da programación sobre María Victoria Moreno, escritora á que se lle adica o Día das Letras Galegas 2018, que se celebran en Pontevedra, nos que colabora a Real Academia Galega.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Redacción

Redacción

Somos a erregueté | Revista Galega de Teatro.
A única publicación periódica que ten como obxecto as artes escénicas galegas dende 1983.

Deixa unha resposta

Avatar

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

TeatroconG1 |

Arranca no Ferrol ‘Teatro con G’ con dez obras de Teatro Escolar e Profesional

TallerCDG |

“A palabra en acción”; taller de palabra no CDG