Do 9 ao 14 de agosto Vilagarcía acolle unha nova edición do Festiclown cun cartel no que o humor se mestura co circo, a música e a maxia en diferentes espazos, prazas e rúas da vila. No ano no que o festival celebra “20 anos de risas rebeldes”, a acción social e a programación infantil combínanse co programa da Mostra Internacional, que este ano inclúe a compañías e creadores como Alberto San Juan, Cirk About It, Trapu Zaharra, Vol’e Temps, Amontonados por Azar, Passabarret ou Kanbahiota [na foto].
Ao longo de seis días, unha vintena de presentacións para todos os públicos -desde os espectáculos ás exposicións e accións “inclownsivas”- despregaranse en espazos como o Salón García, a Praza de Galicia, a Praza do Castro ou a Residencia Divina Pastora.
Previamente, para a fin de semana do 3 ao 5 de agosto, o festival ofrece un avance co seu “Festiclown nas parroquias” da man de Rudi e Dudi e Circo Chosco. Na Praza da Liberdade de Carril, Rudi Dudi presentará o seu Rastafarudi o venres 3 ás 20.30 horas e o sábado 4 de agosto visitará o Campo da Festa de Sobradelo a partir das 12.00 horas. Pola súa parte, o domingo 5 de agosto Circo Chosco presentará o seu Riscando O Ceo no Centro Cultural de O Sixto ás 12.30 horas e, a partir das 20.30 horas, na Praza Rafael Pazos de Vilaxoán.
O programa do Festiclown 2018
Xoves 9 de agosto:
- 11.00 horas. Praza de Galicia. Pallas@s en Rebeldía (Acción na rúa cos nen@s do campamento de verán).
- 12.00 e 19.00 horas. Rúas de Vilagarcía.Trío Refugallo con Ritmo Refugallo.
- 20.00 horas. Praza do Castro. Trapu Zaharra con Sefiní.
- 21.30 horas. Praza de Galicia. Amontonados por Azar con H2Olga
Venres 10 de agosto:
- 11.00 horas. Salón García. Asociación con Eles (animación inclownsiva).
- 12.00 e 19.00 horas. Rúas de Vilagarcía. Pulpiño Viascón con Musicleta.
- 13.00 horas. Rei Daviña con Baldosa. Culturactiva con Saaabor!
- 20.00 horas. Praza do Castro. Culturactiva con Saaabor!
- 21.30 horas na Praza de Galicia. Cirk About It con El Apartamento.
Sábado 11 de agosto:
- 11.00 horas. Praza de Galicia. Exposición Inclownsiva (Arte e Risa)
- 12.00 e ás 19.00 horas. Rúas de Vilagarcía. Catropés con Animacreques.
- 13.00 horas. Rei Daviña con Baldosa. Dani García con Código.
- 20. 00 horas. Praza do Castro. Dani García con Código.
- 21.30 horas. Praza de Galicia. Vol’e Temps con Mundos de papel.
Domingo 12 de agosto:
- 12.00 horas. Praza de Galicia. Gala Solidaria Familiar (con Isla Letriska, Pajarito, Amontonados por Azar, Komotedigorodrigo).
- 20.00 horas. Praza do Castro. Mundomandarina con Mi abuelo es mago.
- 21.30 horas. Praza de Galicia. Passabarret con Tandarica Circus.
Luns 13 de agosto:
- 11.00 horas. Residencia Divina Pastora. Fran Rei con Historia de Brancaflor.
- 12.00 e 19.00 horas. Rúas de Vilagarcía. La Bandita Alegre con El Gran Show de La Bandita Alegre.
- 13.00 horas. Rei Daviña con Baldosa. Mundomandarina con Mi abuelo es mago.
- 20.00 horas. Praza do Castro. Pablo Cool&Dimitry con Pablo Cool&Dimitry
- 21.30 horas. Praza de Galicia. Kanbahiota con La Coquette.
Martes 14 de agosto:
- 12.00 e 19.00 horas. Rúas de Vilagarcía. La Bandita Alegre con El Gran Show de La Bandita Alegre.
- 13.00 horas. Rei Daviña con Baldosa. Pablo Cool con Inspector Muñoz.
- 21.30 horas. Salón García. Alberto San Juan con Autorretrato de un joven capitalista español.