in

Pisando Ovos estrea ‘Directo 9’ no Teatro Ensalle

D9.Band |

O mércores 3 de outubro a compañía Pisando Ovos estrea o seu novo espectáculo Directo 9. Dirixido por Rut Balbís e con unha renovada formación en escena cos bailaríns Fran Martínez, Raúl Pulido e Laura Villanueva, o espectáculo poderá verse na sala viguesa ata o sábado 6 de outubro.

Directo 9 é unha conversa entre os corpos, a danza, a música e a posta en escena por medio da iluminación, co propósito de regresar a un dos puntos máis importantes da súa linguaxe: a entrega total dos corpos desde o movemento e as accións cotiás. O noveno espectáculo da compañía é unha proposta dirixida cara ás novas linguaxes escénicas en clave de creación contemporánea na que se amosa o concerto como forma de reunión da sociedade contemporánea, e que convida a todas as asistentes a vibrar conxuntamente.

Fran Martínez, Raúl Pulido e Laura Villanueva son as novas caras de Pisando Ovos, unha aposta polas novas xeracións de artistas do panorama nacional. Por outra parte, a compañía volve apostar pola música en directo da man do DJ Jas Processor, ao igual que fixera en Give it a spin, e completa o equipo co seu iluminador habitual Afonso Castro, Janet Novás na axudantía de dirección e Manu Lago na produción e distribución.


Publicidade

Directo 9 (2018) completa unha triloxía composta, ademais, por Que volvan as flores (2014) e Give it a spin (2015) onde a exploración xira arredor da música electrónica e o desgaste físico dos corpos en directo.

Redacción

Redacción

Somos a erregueté | Revista Galega de Teatro.
A única publicación periódica que ten como obxecto as artes escénicas galegas dende 1983.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

ProgramaFIOT2018 |

O FIOT de Carballo ofrece este ano corenta e un espectáculos

Foradomapa |

Unha ducia de espectáculos no III Fóra do Mapa de Ferrol