A Rede de Centros Cívicos de Compostela pon en marcha, por cuarto ano consecutivo, o programa “12 doces do outono”. Trátase dunha aposta pola programación familiar, que xunta os espectaculos de artes escénicas coa gastronomía propia da estación. Como ven sendo habitual, as actividades desenvolveranse os domingos, en horario de mañá e tarde.
Doce espectáculos en doce espazos
O programa desenvolverase os domingos 28 de outubro e 4, 11e 18 de novembro en 12 centros cívicos de Compostela. Será, en concreto, nos centros do Castiñeiriño, Fontiñas, Amio, Santa Marta, Conxo, Vite, e O Ensanche, que xa participaron nas actividades en anteriores edicións; e en Pontepedriña, Bando, Figueiras, Enfesta e Aríns, onde será a primeira vez que chegue a proposta. Cada domingo, 12 doces do outono chegará a un centro en horario de mañá, ás 12:30 horas, e a outros dous en horario de tarde, ás 18:00 horas. A entrada será sempre de balde, ata completar aforo
A primeira xornada dos 12 doces de outono, o 28 outubro, abrirarase no Centro Cívico do Castiñeiriño con Teatro de Marionetas Trécola. Pola tarde, Caramuxo Teatro estará nas Fontiñas, e Mircromina no local de Amio. Xa o 4 de novembro, o espectáculo da mañá será no Centro Cívico de Santa Marta, con Tanxarina; mentres que pola tarde poderemos desfrutar de Teatro dos Ghazafellos no local de Conxo, e de Caxoto, en Aríns.
Para o 11 de novembro está programado o concerto de Martiña Soñadora no Centro Cívico de Vite pola mañá, mentres que Celtia Figueiras estará pola tarde en Bando ao mesmo tempo que Teatro ao Cubo actúa no local de Figueiras. Por último, o domingo 18 de novembro, o Centro Cívico do Ensanche acollerá a Fantasía musical de María e Jorge pola mañá; e Bea Campos e N+1 estarán pola tarde na parroquia de Enfesta e na Pontepedriña, respectivamente.
Os espectáculos elixidos para o programa están pensados para o público infantil, pero atenden a diferentes disciplinas como os monicreques, o circo, a música ou a narración oral. Dúas das propostas están dirixidas a bebés: Zapatos, de Caramuxo Teatro, e Nube nube sol, de Teatro ao Cubo.
Gastronomía de outono
O programa 12 doces do outono complétase coas degustacións de produtos propios desta época do ano, como marmelo, castañas, cabazas… Os doces poden ser elaborados nos propios centros cívicos no marco de obradoiros de cociña, ou ser achegados polos propios veciños e veciñas dende as súas casas. O obxec vo é poñer en valor os produtos do outono, ao tempo que se xera unha maior interrelación entre as persoas que par cipan nas ac vidades, fundamentalmente entre os nenos e nenas.
Pódese descargar aquí o cartel co programa completo.