A cuarta edición da Festa da Marioneta reunirá en Caminha, os dias 1 e 2 de decembro, compañías de Portugal e Galiza que presentarán espectáculos, en sala e na rúa, ademais de ‘workshops’ temáticos.
O programa da edición 2018 de Maluga – Festa da Marioneta Luso-Galaica inclúe obradoiros dedicados á construción de marionetas de fío e sombras. A novidade é o Malugabus, un “minibus que garantirá o transporte gratuíto entre Viana do Castelo e Caminha para facilitar o acceso do público aos dous días de espectáculos”.
As mañás do evento dedicaranse ás “oficinas divertidas”, que terán lugar a partir das 10:00, no edificio Paços do Concelho. Entre as 14:00 e as 17:00, na Praça Conselheiro Silva Torres, decorrerá o Circo Máximo, o “único circo de bananas do planeta”. Trata-se de unha animación de rúa a cargo da Companhia Marimbondo, da Lousã, na cal todos os actores son, precisamente, bananas.
Ás 17:30, terá lugar o espectáculo O Nabo Gigante, da compañía Partículas Elementares, de Ovar. Trátase dun texto orixinal de Alexis Tolstoi que transcorre nun pequeno e bonito quintal, tendo como protagonista un matrimonio de anciáns e, claro, un nabo xigante. Este espectáculo preséntase no Valadares, Teatro Municipal de Caminha.
O día 1, tamén terá lugar “O Fantástico Mundo das Sombras” –construción de marionetas de sombras– a cargo de Krisálida e, o día 2, “Fios & Papel” – construción de marionetas de fíos– a cargo do Teatro de Marionetas Trécola. Estes obradoiros van dirixidos a crianzas con idades superiores a 4 anos.
O domingo, ás 15:00, preséntase no Terreiro, o espectáculo de rúa Heaven, de Daniel Gonçalves, un espectáculo no que un clown deambula pola vida, cargando maletas, memorias e situacións divertidas.
MALUGA pecha coa peza Tolitates, do Teatro Marionetas Trécola, de Lugo, no Valadares Teatro Municipal de Caminha. Trátase dun espectáculo sen texto, que presenta unha nova técnica de manipulación, mesturando o teatro de obxectos, marionetas de fíos, bunraku e fantoches. As marionetas e os obxectos transfórmanse así nos protagonistas da historia, substituíndo ao longo de 50 minutos as palabras pola acción e a música nun lugar máxico, ateigado de segredos e no que a figura do marionetista permanece oculta.
Este evento está promovido por Krisálida – Associação Cultural do Alto Minho, en parcería coa Câmara de Caminha.