in ,

I Premio Platta de Teatro Breve en tres linguas

theater 105573 1280 |

Co obxectivo de estimular a escrita teatral e promover tanto a súa tradución como a súa difusión nos diferentes territorios que configuran a Plataforma Transfronteiriza de Teatro Amador, convócase o I Premio PLATTA de Teatro Breve en tres linguas. O premio estrutúrase ao longo do ano 2019 en tres certames que se corresponden coa lingua do territorio que acolle cada un dos festivais transfronteirizos: I Premio PLATTA de Teatro Breve – de Castilla y León (castelán), I Premio PLATTA de Teatro Breve – Galicia (galego), I Prémio PLATTA de Peças Curtas de Teatro – Portugal (portugués).

Coincidindo coa celebración do Festival Transfronteirizo en Zamora os días 29, 30 e 31 de marzo, I Premio PLATTA de Teatro Breve de Castilla y León abre o prazo para o envío de obras por parte de todas as persoas interesadas coa única condición de presentaren o traballo en castelán. Continuando coa filosofía da PLATTA e con motivo de nutrir os obradoiros de lecturas dramatizadas en tres linguas, o texto gañador será traducido ao galego e ao portugués. O período de admisión de orixinais comeza o 1 de xaneiro e conclúe o 15 de febreiro.

As obras, de temática libre, serán completamente inéditas e terán unha extensión de 5 a 10 páxinas. O material deberá enviarse por correo electrónico a [email protected] en formato pdf (DIN A4, letra Times New Roman 12) e con marxes de 3 cms. (superior e inferior, dereita e esquerda). O texto levará no seu inicio o TÍTULO, que aparecerá tamén no asunto do correo. Do mesmo xeito, noutro correo electrónico que levará como asunto TÍTULO DO TEXTO – AUTORÍA, xuntarase un documento no que figure o TÍTULO DO TEXTO e AUTORÍA (nome, apelidos, enderezo, teléfono de contacto e correo electrónico).

O texto gañador será levado á escena nos obradoiros de lecturas dramatizadas en tres linguas que se desenvolven dentro do programa do Festival Transfronteirizo que terá lugar en Zamora en marzo de 2019. A persoa premiada será convidada a asistir ao acto das lecturas, no cal será presentada a súa obra e a súa traxectoria artística. A peza premiada será publicada en castelán, galego e portugués nun caderno da erregueté dentro dunha colección especial dedicada á PLATTA. Cada autor ou autora premiada será agasallado con 15 exemplares do caderno.

O xurado estará formado por un secretario con voz e sen voto designado pola organización e tres persoas relacionadas co mundo teatral. A composición do xurado farase pública no momento de se producir o seu ditame. O xurado actuará en pleno, en sesión única e o seu ditame será inapelable.


Publicidade

O xurado terá de prazo 10 días a contar desde o peche do prazo para comunicar a súa decisión, que se dará a coñecer á prensa e aos premiados.

 

CONSULTA DAS BASES

Redacción

Redacción

Somos a erregueté | Revista Galega de Teatro.
A única publicación periódica que ten como obxecto as artes escénicas galegas dende 1983.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

PortaMaxicaFerrol |

Chega a II edición do Festival Porta Máxica de Ferrol

Manicomicos |

O Teatro Rosalía Castro da Coruña acolle hoxe a XV Gala Manicómicos