in

O Teatro Rosalía Castro da Coruña acolle hoxe a XV Gala Manicómicos

Manicomicos |
A compañía convida ao público a asistir ao evento con narices vermellos de pallasas e pallasos.

 

O Teatro Rosalía Castro da Coruña acollerá, a partir das 19:00, a festa do XV aniversario da Asociación Cultural Manicómicos que, como é habitual nestas datas, ofrecerá unha gala de artes escénicas para todos os públicos, na que combinará comedia, clown, danza e circo nas súas múltiples variedades. O concelleiro de Culturas, Deporte e Coñecemento, José Manuel Sande, acompañado do actor Carlos Sante, presentou onte o cartel da XV Gala Manicómicos, “que porá de manifesto a calidade das e dos artistas locais, nunha celebración marcada polo humor que se abre a todas as idades”.


Publicidade

Pola súa banda, Carlos Sante sinalou que a gala, “con aires de circo clásico”, renderá homenaxe “a dous grandes humoristas que nos acaban de deixar, como son Manu Lago e Michel Dallaire”, con convidados especiais “para ofrecer unha tarde inesquecible con acrobacias e malabares”, e convidou á veciñanza a asistir ao espectáculo con narices vermellos de pallasos e pallasas.

Redacción

Redacción

Somos a erregueté | Revista Galega de Teatro.
A única publicación periódica que ten como obxecto as artes escénicas galegas dende 1983.

Deixa unha resposta

Avatar

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

theater 105573 1280 |

I Premio Platta de Teatro Breve en tres linguas

Muiñada de Galeatro

‘Muiñada’ pon fin ao ciclo do CDG “Gran teatro para os máis pequenos”