Xulio Lago recibe este ano o Premio de Honor da Asociación de Directores de Escena polo labor desenvolvido ao longo de toda a súa vida como director e como promotor e xestor dun proxecto de tan longo alento como Teatro do Atlántico.
Xulio Lago, un dos directores máis recoñecidos da nosa escena, foi promotor e director do grupo “Esperpento” de Vigo (1970-1974), organizador das I e II Xornadas de Teatro de Vigo (1970-1974), promotor e director de grupo “La Picota” (Madrid, 1974-1978), promotor e director da Compañía “Mari-Gaila” (Compostela, 1978-1984), promotor e director da Compañía “Teatro do Atlántico” (Compostela – A Coruña, 1985).
Formou parte do colectivo de profesionais que promoveron a creación do Centro Dramático Galego (1984) e dirixiu a súa primeira producción, Woycek.
Con Teatro do Atlántico dirixiu algunhas das montaxes máis recoñecidas do teatro das últimas décadas, como Casa de Bonecas, de Ibsen, A noite das Tríbades de Olov Enquist, Amor de don Perlimplin con Belisa no Xardín, de García Lorca, O encoro de Conor McPherson, A raíña da beleza de Leenane de Martín McDonagh , ou Memoria de Helena e María de Roberto Salgueiro entre moitas outras.
Manuel Lourenzo, Cándido Pazó e Eduardo Alonso tamén recibirán medallas da Ade este ano.
- O Cercle Artístic convoca o Premi Born de Teatro 2026 - 09/03/2026
- O Teatro Gorrilla inicia a súa temporada de 2026 - 06/03/2026
- Paula Quintas estrea ‘ROYAL’ - 06/03/2026



