in

Malasombra estrea ‘Bernarda’ en Narón

Bernarda |

A compañía Malasombra estrea este venres 1 de febreiro, no Pazo da Cultura de Narón, a obra Bernarda, unha reinterpretación do clásico de Lorca a cargo de José Prieto, pero situada en Galicia en 1975.

Bernarda recolle o punto de partida de La casa de Bernarda Alba, escrita por Lorca en 1936, é dicir, unha muller que queda viúva con fillas mozas e decreta un rigoroso loito, pero traslada a acción a unha vila de Galicia case corenta anos máis tarde, en 1975, nun momento clave da nosa historia recente, no que as ansias de cambios chocan coas tradicións máis arraigadas, como é neste caso, o loito.

Bernarda, ó quedar viúva, tenta que todo siga sendo igual que sempre, como foi toda a súa vida, e que as malas influenzas dunha sociedade en proceso de transformación non cheguen ás súas fillas nin a ela mesma. Bernarda non entende a música yeyé, as minisaias, os guateques, nin ningunha das novas modas da xuventude da época, e a súa reacción é clara: “Mentres eu viva, nesta casa non vai cambiar nada e as cousas vanse facer como se teñen que facer.”


Publicidade

Bernarda é unha historia comprensible e universal, coa que calquera pode sentirse identificado, pois quen máis quen menos viviu ou vive na súa casa un choque xeracional, onde os valores e os costumes dos máis vellos tópanse de fronte contra a necesidade dos máis novos de crear un mundo distinto cos seus propios códigos e condutas.

Redacción

Redacción

Somos a erregueté | Revista Galega de Teatro.
A única publicación periódica que ten como obxecto as artes escénicas galegas dende 1983.

Deixa unha resposta

Avatar

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

6536 01 |

Xulio Lago recibe o Premio de Honor da ADE

EroskiParaisoKalandraka03 |

Presentación en Lugo da Biblioteca de Teatro de Kalandraka coa compañía Chévere