Libros

Presentación en Lugo da Biblioteca de Teatro de Kalandraka coa compañía Chévere

PUBLICIDADE

Eroski Paraíso é a primeira produción da compañía Chévere despois de recibir o Premio Nacional de Teatro. Estreada en marzo de 2016 en Donostia, despedirase a comezos de 2019 superando as 120 funcións en 63 localidades de 12 comunidades autónomas, con asistencia de máis de 30.000 persoas, converténdose nun dos espectáculos galegos máis visto e con maior proxección estatal dos últimos anos. En Madrid foi programada durante un mes nas Naves de Matadero, esgotando as entradas a última fin se semana. Tamén se presentou en teatros tan importantes como o Central de Sevilla, esgotando as entradas nas dúas funcións, no Corral de Comedias de Alcalá, no Teatro del Mercado de Zaragoza, no Teatro Alhambra de Granada, en festivais como o de Autores Contemporáneos de Alicante, Tercera Setmana de Valencia…

As últimas funcións terán lugar no Auditorio Gustavo Freire de Lugo este sábado 2 de febreiro ás 20:30, no Auditorio Municipal Hernán Naval, de Ribadeo, o domingo día 3 ás 20:00.

Ao fío destas funcións, a Librería Trama (Avda. da Coruña, 21) acollerá o sábado, ás 12:30 horas, a presentación da BIBLIOTECA DE TEATRO, unha colección de libros editados por Kalandraka que abrangue o propio Eroski Paraíso, xunto con obras tan emblemáticas como Río Bravo e Annus Horríbilis.

O director artístico de Chévere, Xesús Ron, e dous dos protagonistas do espectáculo, Patricia de Lorenzo e Miguel de Lira, participarán neste encontro aberto ao público.

Compartir

Share on facebook
Share on twitter
Share on linkedin
Share on whatsapp
Share on email

PUBLICIDADE

PUBLICIDADE

Relacionado

PUBLICIDADE

Deixar un comentario

Subscríbete

Recibe as novas, artigos, entrevistas e contidos da Erregueté para que non perdas unha!