in

Xulio Lago recibe o Premio de Honor da ADE

6536 01 |

Xulio Lago recibe este ano o Premio de Honor da Asociación de Directores de Escena polo labor desenvolvido ao longo de toda a súa vida como director e como promotor e xestor dun proxecto de tan longo alento como Teatro do Atlántico.

Xulio Lago, un dos directores máis recoñecidos da nosa escena, foi promotor e director do grupo “Esperpento” de Vigo (1970-1974), organizador das I e II Xornadas de Teatro de Vigo (1970-1974), promotor e director de grupo “La Picota” (Madrid, 1974-1978), promotor e director da Compañía “Mari-Gaila” (Compostela, 1978-1984), promotor e director da Compañía “Teatro do Atlántico” (Compostela – A Coruña, 1985).

Formou parte do colectivo de profesionais que promoveron a creación do Centro Dramático Galego (1984) e dirixiu a súa primeira producción, Woycek.


Publicidade

Con Teatro do Atlántico dirixiu algunhas das montaxes máis recoñecidas do teatro das últimas décadas, como Casa de Bonecas, de Ibsen, A noite das Tríbades de Olov Enquist, Amor de don Perlimplin con Belisa no Xardín, de García Lorca, O encoro de Conor McPherson, A raíña da beleza de Leenane de Martín McDonagh , ou Memoria de Helena e María de Roberto Salgueiro entre moitas outras.

Manuel Lourenzo, Cándido Pazó e Eduardo Alonso tamén recibirán medallas da Ade este ano.

Redacción

Redacción

Somos a erregueté | Revista Galega de Teatro.
A única publicación periódica que ten como obxecto as artes escénicas galegas dende 1983.

Deixa unha resposta

Avatar

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

MACBETH estreaTRC |

Estudo Momento estrea Macbeth

Bernarda |

Malasombra estrea ‘Bernarda’ en Narón