Estudo Momento estrea hoxe unha nova versión dun dos clásicos de Shakespeare: Manuel Lourenzo é o responsable desta adaptación en formato curto e en verso que se estrea hoxe venres, 25 de xaneiro, no Teatro Rosalía de Castro da Coruña cunha única función.
Os responsables de Clásicos nunha hora, Xoan Carlos Mejuto e Iria Ares, dirixen e interpretan as personaxes principais, Macbeth e Lady Macbeth, desta adaptación da traxedia escocesa, na que tamén estarán Luis Iglesia, David Perdomo e Carlos Sante.
Macbeth. O ruído e a furia adapta unha das traxedias máis importantes de Shakespeare, unha traxedia celta sobre a cobiza, a ambición e o destino. Unha versión que continúa o labor de adaptación de grandes clásicos universais de Estudo Momento, despois da súa versión de Casa de Bonecas, de Ibsen.
- Vilagarcía de Arousa acolle o Festaclown - 21/08/2026
- Galeatro estrea ‘Os muíños no camiño’ - 20/08/2026
- Titiriberia celebra a súa undécima edición - 13/08/2026



