in

Leo Bassi leva a Pontevedra o seu espectáculo ‘El último bufón’

bassi3
Leo Bassi traerá ao Teatro Principal de Pontevedra o seu último espectáculo, El último bufón, o vindeiro 9 de febreiro, ás 21:00.

 

En El último bufón, o cómico de orixe italiana repasa os seus 40 anos de traxectoria teatral a través dun descubrimento realizado pola irmá de Leo, Joanna, no arquivo da Fundación Lumière en Lyon, Francia. En maio de 1896, os Irmáns Lumière filmaran ao seu bisavó Giuseppe e ao seu tío Giorgio cando ambos traballaban no Circo Rancy da mesma cidade de Lyon. Son gravacións moi valiosas, probablemente as primeiras imaxes en movemento de pallasos da historia, que nos remontan a tempo a unha era na que Europa aínda tiña toda a súa inocencia e o desexo de vivir.

A partir destas películas, Bassi pon en escena un espectáculo intenso pero ao mesmo tempo tremendamente divertido e rompedor no que analiza o “paraíso perdido” do mundo dos bufóns. Durante 170 anos, a familia actuou ininterrompidamente creando números e momentos que xa son clásicos do mundo do humor e do bufón que agora podemos ver na súa esencia.

PUBLICIDADE

El último bufón é unha reivindicación da tradición revolucionaria e antiautoritaria dos pallasos. Algo, quizais, esquecido por unha nova xeración de cómicos que conviven co Poder aceptando producir a comicidade branda dos monólogos televisivos. Nun mundo sempre nas mans dunha elite adiñeirada, crece a necesidade dun Humor popular, libre e optimista que esperte a consciencia das masas.

“Eu Leo Bassi, eu home circense e Ultimo Bufón acepto de novo as responsabilidades da miña estirpe: proclamo o inicio do levantamento bufonesco fronte á apatía ética”.

PUBLICIDADE
PUBLICIDADE
PUBLICIDADE
Redacción

Redacción

Somos a erregueté | Revista Galega de Teatro.
A única publicación periódica que ten como obxecto as artes escénicas galegas dende 1983.

Deixa unha resposta

Avatar

O teu enderezo electrónico non se publicará

GIPHY App Key not set. Please check settings

    LimonesMatarile

    Matarile comeza o ano en Vigo

    MACBETH estreaTRC

    Estudo Momento estrea Macbeth