in

O ‘Buscón’ de Quevedo chega a Vigo nunha adaptación que o trae aos nosos tempos

BuscónButacaZero |
El Buscón, unha coprodución de ButacaZero e Goliardos, poderá verse o vernes 8  e o sábado 9 ás 21:30 e o domingo 7 ás 20:00, na sala Ártika de Vigo.

 

Volve a Vigo El Buscón, o clásico texto de Quevedo, na adaptación aos nosos tempos feita por Ozcar Galán. A proposta teatral nace precisamente do clásico pícaro de Quevedo, mantendo a súa esencia e os seus personaxes máis entrañables e recoñecibles polo público (Don Teo, Cabra…). Pero pronto o mundo que arrodea ao protagonista, Pablos, vai cambiando, e co cambio, el mesmo convertese nun pícaro dos nosos días que convive coa nosa realidade máis actual: a dos medios de comunicación, a corrupción do poder e mesmo a incertidume política post 24M.

O mundo, parece ser, non cambiou demasiado.

A proposta, unha coprodución de ButacaZero con Goliardos, baixo a dirección de Xavier Castiñeira, leva a escena a Sergio Macías, que non só interpretará a Pablos (o Buscón), senón tamén a moitos dos personaxes que acompañaron a súa vida. Máis non estará só en escena, pois dende a enorme pantalla aparecerán os pais, os amigos e os inimigos: Nuria Montero, Damian Contreras, Ricardo Solveira, Pablo Calvo, Julián Herrero o Damian Villalaín, entre outros, dan vida a estas personaxes que nos conducen de cara a un final non tan previsible… nin desexable.

El Buscón poderá verse o vernes 8 e o sábado 9 ás 21:30 e tamén o domingo 7 ás 20:00 na sala Ártika de Vigo.


Publicidade

 

SINOPSE

Pablos nace no seo dunha familia complicada. Tras pasar pola escola de Don Teo (ese dedo, don Teo!), e rematar no reformatorio de Cabra (que é mote, e non nome), Pablos recibe a herdanza pola morte dos seus pais, mais uns simples trileiros rematan coa súa fortuna. Así é como o noso protaginista chega a Madrid, onde un caixeiro na porta do Sol será o seu primeiro albergue, e onde recibirá a paliza que agretará o seu corpo mais tamén a súa alma. Se non queda máis remedio, haberá que converterse en vil Buscón.

Comezará con pequenos hurtos e estafas, mais pouco a pouco este Pablos dos nosos días acabará por recordarnos moito a algúns dos protagonistas máis coñecidos da nosa esfera política. Parecera que a esencia do pícaro estiverse nos xens dese “honrado español”. E que non poidamos quitar iso do medio por moitos anos que leve Quevedo na tumba.

Redacción

Redacción

Somos a erregueté | Revista Galega de Teatro.
A única publicación periódica que ten como obxecto as artes escénicas galegas dende 1983.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Camiños888 |

#camiños, de ButacaZero, arranca xira en Rianxo

MOTUS |

‘Escenas do cambio’ converte o Gaiás no escaparate da vangarda