in ,

I Premio Platta de Teatro Breve – Galicia 2019

theater seats |

Co obxectivo de estimular a escrita teatral no ámbito amador e promover tanto a súa tradución como a súa difusión nos diferentes territorios que configuran a PLATTA (Plataforma Transfronteiriza de Teatro Amador constituída pola Federación Galega de Teatro Amador, a Federación de Grupos Aficionados de Castela-León, a TEIA/Teatro do Noroeste-Centro Dramático de Viana e a erregueté | Revista Galega de Teatro), convócase o I Premio Platta de Teatro Breve – Galicia 2019. O prazo para o envío de orixinais está aberto ata o 31 de marzo para todas as persoas interesadas, coa única condición de presentaren o seu traballo en lingua galega.

As obras, de temática libre, serán completamente inéditas e terán unha extensión de 5 a 10 páxinas. O material deberá enviarse por correo electrónico a [email protected] en formato pdf (DIN A4, letra Times New Roman 12) e con marxes de 3 cms. (superior e inferior, dereita e esquerda). O texto levará no seu inicio o TÍTULO (sen indicar a autoría), que aparecerá tamén no asunto do correo. Do mesmo xeito, noutro correo electrónico que levará como asunto TÍTULO DO TEXTO – AUTORÍA, xuntarase un documento no que figure o TÍTULO DO TEXTO e AUTORÍA (nome, apelidos, enderezo, teléfono de contacto e correo electrónico).

O texto gañador será levado á escena nos obradoiros de lecturas dramatizadas en tres linguas dentro do programa de actividades do Festival Transfronteirizo de Teatro Amador organizado pola Fegatea que terá lugar en Carballiño os días 10, 11 e 12 de maio de 2019. A persoa premiada será convidada a asistir ao acto das lecturas, no cal será presentada a súa obra e a súa traxectoria artística.

A peza premiada será publicada en galego, castelán e portugués pola erregueté dentro dunha colección especial dedicada á PLATTA co apoio da Agrupación Europea de Cooperación Territorial. Cada autor ou autora premiada será agasallado con 15 exemplares do caderno.

O xurado estará formado por un secretario con voz e sen voto designado pola organización e tres persoas relacionadas co mundo teatral. A composición do xurado farase pública no momento de se producir o seu ditame. O xurado actuará en pleno, en sesión única e o seu ditame será inapelable.

O xurado terá de prazo 10 días a contar desde o peche do prazo para comunicar a súa decisión, que se dará a coñecer á prensa e aos premiados.


Publicidade

 

I Premio Platta de Teatro Breve – Castilla y León

Antonio Mauriz Martínez (Ferrol, 1968) foi o gañador do I Premio Platta de Teatro Breve –Castilla y León 2019 con Amor de corbata. O texto e a súa publicación en galego, castelán e portugués serán presentados o próximo 31 de marzo dentro do programa de actos do Festival Transfronteirizo de Teatro Amador que terá lugar en Zamora baixo a organización da Federación de Grupos de Teatro de Castilla y León.

 

Descargar as bases

Redacción

Redacción

Somos a erregueté | Revista Galega de Teatro.
A única publicación periódica que ten como obxecto as artes escénicas galegas dende 1983.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Roteiro |

Nova edición do roteiro María Casares na Coruña

IdiotaRedrum |

Redrum estrea ‘Idiota’ no Teatro Principal de Compostela