in

Redrum estrea ‘Idiota’ no Teatro Principal de Compostela

IdiotaRedrum |

Os vindeiros mércores 6, xoves 7 e venres 8, o Teatro Principal de Santiago de Compostela acollerá, a partir das 20:30, a estrea absoluta de Idiota, o novo espectáculo de Redrum Teatro.

Idiota é unha comedia negra escrita polo dramaturgo catalán Jordi Casanovas, que trata sobre a presión e a inxustiza que, na actualidade, exerce o sistema político e económico sobre os individuos. Está protagonizada polos actores Machi Salgado e Susana Sampedro, caras ben recoñecibles polo público galego polos seus traballos en teatro e tamén en series de televisión como Fariña ou El Faro.

Un home preséntase a unhas probas psicolóxicas remuneradas. O que pensa que será unha maneira sinxela de conseguir os cartos que precisa para resolver os seus problemas económicos converterase nunha auténtica trampa. Unha atractiva psicóloga formularalle preguntas e enigmas que o porán nervioso obrigándoo a sacar o mellor del para evitar un fatal desenlace. Un xogo negro, divertido e cheo de suspense que levará ao protagonista ao límite da súa paciencia e razón. Un xogo tamén para o espectador, que deberá resolver os diferentes obstáculos xunto con Carlos dende a súa propia butaca


Publicidade

A dirección vai a cargo de Alex Sampayo, director tamén coñecido polo seu traballo no sector audiovisual, no que dirixiu series como El Internado, Padre Casares ou a premiada longametraxe Schimbare protagonizada por Candela Peña e Luis Zahera.

Redrum Teatro é unha compañía fundada no 2009 que xa levou aos escenarios a obra de suspense A Pensión, protagonizada por Rosa Álvarez; os espectáculos familiares Moito Conto, Roedores, A Nena Que Quería Navegar e Contos do Recreo; as comedias Curriculum Vitae, Amor Flexible e Noiteboa; así como os dramas A Canción do Elefante e Invisibles.

Redacción

Redacción

Somos a erregueté | Revista Galega de Teatro.
A única publicación periódica que ten como obxecto as artes escénicas galegas dende 1983.

Deixa unha resposta

Avatar

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

theater seats |

I Premio Platta de Teatro Breve – Galicia 2019

MartaPazos |

Marta Pazos debuta na ópera con ‘Je suis narcissiste’