in

A Academia de Teatro presenta o I Congreso Internacional do Teatro Galego

CongresoTeatro |

A Academia Galega de Teatro presentará o vindeiro martes 26 de marzo, ás 12:00 horas no Salón de Actos do Consello da Cultura Galega, o I Congreso Internacional do Teatro Galego.

Este I Congreso Internacional do Teatro Galego, que está organizado coa colaboración de diversas institucións e asociacións sectoriais tanto de Galicia coma de fóra, celebrarase no Centro de Innovación Cultural (CINC) da Cidade da Cultura en Santiago de Compostela os días 25, 26, 27 e 28 de marzo de 2020.

No acto, ao que xa confirmaron asistencia outras autoridades e personalidades do sector político, asociativo e cultural, farase a presentación dos contidos e desenvolvemento diario do congreso así como a presentación da súa páxina web, tralo que quedará aberta a fase de inscricións para a participación activa e presencial en dito congreso.


Publicidade

Intervirán: Dolores Vilavedra, Secretaria do Consello da Cultura Galega quen actuará como anfitrioa; Imma António Souto, Presidenta da Academia Galega de Teatro; Goretti Sanmartín Rei, Vicepresidenta da Deputación da Coruña; e Anxo Manuel Lorenzo Suárez, Director Xeral de Políticas Culturais da Consellería de Cultura e Turismo da Xunta de Galicia.

 

Redacción

Redacción

Somos a erregueté | Revista Galega de Teatro.
A única publicación periódica que ten como obxecto as artes escénicas galegas dende 1983.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

LahtoDépart WHS |

Nova edición do ‘Circus Arts’ en Guimarães

CDG AGADIC

O CDG celebra o Día do Teatro cunha xornada de portas abertas