in

Nova edición do ‘Circus Arts’ en Guimarães

LahtoDépart WHS |

Por terceiro ano consecutivo, o Centro Cultural Vila Flor (CCVF), en Guimarães, recibe unha fin de semana intensiva que aposta por impulsar o Novo Circo em Portugal. Do programa fan parte dous espectáculos: Três, peza para tres intérpretes e mastro chinés, unha creación que xunta o portugués Leonardo Duarte Ferreira, a brasileira Joana Nicioli e o francés Antonin Bailles; e Lähtö / Départ [na imaxe], a mais recente produción da compañía finlandesa WHS, dirixida polo mago e artista visual Kalle Nio. Para alén dos espectáculos, o programa do ‘Circus Arts’ integra tamén unha sesión de información sobre a rede CircusNext, un obradoiro para familias e unha masterclass dirixida a artistas, performers e dorectores de escena. De 23 a 25 de marzo, en Guimarães.

O programa da 3ª edição do ‘Circus Arts’ arranca ás 16:00 deste sábado, 23 de marzo, con unha sesión de información sobre a rede CircusNext, organizada polo CCVF e o Teatro da Didascália, membros desta rede europea, que asumen así a importancia de traballar cos artistas nacionais na estruturación dun camiño para a afirmación da creación de obras de circo contemporáneo en Portugal e súa posterior internacionalización. Nesa sesión, convócase a comunidade artística no dominio do circo contemporáneo para un inicio de proceso con vistas á preparación de candidaturas capaces de seren seleccionadas e apoiadas no próximo ‘open call’ da rede CircusNext.

Três, o primeiro espectáculo do programa ‘Circus Arts’, sobe ao palco do Pequeno Auditório do CCVF á 18:30 en estrea nacional. Peza para tres intérpretes e mastro chinés, Três é unha creación que xunta o portugués Leonardo Duarte Ferreira, a brasileira Joana Nicioli e o francés Antonin Bailles. O espectáculo parte dun conxunto de tres mundos distantes onde tres seres errantes vagan e atravesan diferentes lugares no seu camiño. O mastro empurra os corpos e fai que converxan uns contra os outros. El é o guía dunha historia sen principio nin fin, sen altos e baixos e, no entanto, todo acaba por se interligar. Co mastro, o chan e un escenario minimalista, Três trae a escena unha conversa entre os corpos.

Publicidade

Á noite, a partir das 21:30, o Grande Auditório do CCVF recebe a compañía finlandesa WHS, que leva a Guimarães o espectáculo Lähtö / Départ, dirixido polo mago e artista visual Kalle Nio. A performance leva a escena unha parella que foi separada e que flutúa agora nunha imaxinería de soño e ilusión. Inspirado polo traballo dos ilusionistas do século XIX, a performance crea unha atmosfera misteriosa onde alternan o humor absurdo e a traxédia. Lähtö / Départ evoca unha experiencia teatral única, onde o circo, a maxia, a danza, os figurinos e as artes visuais se funden.

Na mañá do domingo, 24 de marzo, ás 11:00, o ‘Circus Arts’ desprázase ao Centro Internacional das Artes José de Guimarães (CIAJG) a través do obradoiro para familias ‘Máquina de Fazer Museus’, unha oportunidade de coñecer o CIAJG a través dos sentidos. Neste obradoiro dedicado ao novo circo, Leonardo Ferreira, un dos performers de Três, é convidado a coordinar un taller creativo sobre técnicas circenses.

O ‘Circus Arts’ retorna ao CCVF o luns, 25 de marzo, de 16:00 a 19:00, para unha masterclass orientada polo grupo VHS, destinada a artistas, performers e directores de escena que utilicen a proxección de vídeo nos seus traballos, tendo como obxectivo atopar novos camiños que combinen a proxección con espazos tridimensionais e cos propios performers.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Redacción

Redacción

Somos a erregueté | Revista Galega de Teatro.
A única publicación periódica que ten como obxecto as artes escénicas galegas dende 1983.

Deixa unha resposta

Avatar

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

PresentacionCartazCangas |

O artista gráfico Luís Davila crea o cartel da XXXVI Mostra de Teatro de Cangas

CongresoTeatro |

A Academia de Teatro presenta o I Congreso Internacional do Teatro Galego