in

Xabier Deive, novo presidente da Asociación de Actores e Actrices

Xabier Deive
Mónica García asume a vicepresidencia e Sheyla Fariña convértese na nova secretaria da Asociación.

 

A Asociación de Actores e Actrices de Galicia, asociación sindical que reúne a gran parte da profesión da interpretación e da dirección de escena, escolleu en Asemblea o pasado domingo a súa nova Xunta Directiva. Xabier Deive é o novo presidente, mentres que Mónica García asume a vicepresidencia e Sheyla Fariña convértese na secretaria da entidade. Os vogais que completan a Xunta Directiva son Xosé Barato, Eva Fórneas Braña, Davide González, Laura Míguez, Fernando González, Paula Morado, Sara Fandiño, Diego Freire, Marián Bañobre e Adrián Ríos.

 

Xabier Deive


Publicidade

Xabier Deive (Narón, 1970) iniciou a súa traxectoria profesional na década dos noventa, exercendo nestes anos como actor de cine, teatro e televisión. No ámbito escénico, o novo presidente da AAAG traballou en diferentes montaxes: Os carros do camiño (Ollomoltravía, 1998), O retrato de Dorian Gray (Uvegá Teatro, 2000), Final de película (Ancora Producións, 2004), Edipo (Nove Dous, 2006), Gaivotas subterráneas, (Talía Teatro-Voz Audiovisual, 2013) ou Sede de mal (Culturactiva, 2015).

Entre os filmesMonica nas que participou, destacan títulos como Jalisco (Jorge Valcárcel e Fran Piñeiro, 2001); Las mujeres del anarquista (María Noelle, 2006) ou Las altas presiones (Ángel Santos, 2014). Na televisión, Deive formou parte dos elencos de producións como Rías Baixas, As Leis de Celavella, A vida por diante, Matalobos ou Serramoura. No ámbito estatal, contou con roles episódicos en series como Águila Roja, Piratas ou El Ministerio del tiempo.

Redacción

Redacción

Somos a erregueté | Revista Galega de Teatro.
A única publicación periódica que ten como obxecto as artes escénicas galegas dende 1983.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

NEP sinfonia 02 |

O CDG inicia os domingos de conciliación de ‘Neorretranca e Posmorriña’

Liberto@Miramemira |

Tamara Canosa: “A nosa liña de acción é apostar por un teatro que busque tocar onde non se toca”