Mónica García asume a vicepresidencia e Sheyla Fariña convértese na nova secretaria da Asociación.
A Asociación de Actores e Actrices de Galicia, asociación sindical que reúne a gran parte da profesión da interpretación e da dirección de escena, escolleu en Asemblea o pasado domingo a súa nova Xunta Directiva. Xabier Deive é o novo presidente, mentres que Mónica García asume a vicepresidencia e Sheyla Fariña convértese na secretaria da entidade. Os vogais que completan a Xunta Directiva son Xosé Barato, Eva Fórneas Braña, Davide González, Laura Míguez, Fernando González, Paula Morado, Sara Fandiño, Diego Freire, Marián Bañobre e Adrián Ríos.
Xabier Deive
Xabier Deive (Narón, 1970) iniciou a súa traxectoria profesional na década dos noventa, exercendo nestes anos como actor de cine, teatro e televisión. No ámbito escénico, o novo presidente da AAAG traballou en diferentes montaxes: Os carros do camiño (Ollomoltravía, 1998), O retrato de Dorian Gray (Uvegá Teatro, 2000), Final de película (Ancora Producións, 2004), Edipo (Nove Dous, 2006), Gaivotas subterráneas, (Talía Teatro-Voz Audiovisual, 2013) ou Sede de mal (Culturactiva, 2015).
Entre os filmesMonica nas que participou, destacan títulos como Jalisco (Jorge Valcárcel e Fran Piñeiro, 2001); Las mujeres del anarquista (María Noelle, 2006) ou Las altas presiones (Ángel Santos, 2014). Na televisión, Deive formou parte dos elencos de producións como Rías Baixas, As Leis de Celavella, A vida por diante, Matalobos ou Serramoura. No ámbito estatal, contou con roles episódicos en series como Águila Roja, Piratas ou El Ministerio del tiempo.
GIPHY App Key not set. Please check settings