in

Convocatoria de textos en galego para o ciclo de lecturas dramatizadas da SGAE

SGAE3 |

A Fundación SGAE, a través do Consello Territorial da SGAE en Galicia, pon en marcha unha nova edición do ciclo de lecturas dramatizadas TEXTOS TEATRAIS EN GALEGO, co obxectivo de impulsar e apoiar a creación de obras dramáticas de autores socios da SGAE na Comunidade galega.

Este programa quere promocionar a difusión de textos inéditos, contribuíndo a posibles producións escénicas. Por este motivo, a Fundación SGAE abre unha convocatoria pública dirixida a todxs xs autores dramáticxs socixs da Sociedade Xeral de Autores e Editores que teñan o seu domicilio na Comunidade Autónoma de Galicia.

Unha vez se realice o protocolo de selección, elixiranse textos dramáticos para levar a cabo a súa representación no ciclo de lecturas dramatizadas impulsado pola Fundación SGAE este 2019. O número de textos seleccionados virá determinado polo orzamento máximo asignado polo Consello Territorial de SGAE Galicia.

O prazo de presentación estará aberto ata o 31 de maio de 2019 ás 14:00.

 

BASES

1. Solicitantes e requisitos


A Fundación SGAE convoca a todos aqueles interesados que se correspondan cos indicados no segundo parágrafo do presente documento.

A presentación deberá realizala directamente cada autor dramático socio da SGAE que teña o seu domicilio na Comunidade Autónoma de Galicia, con tantos textos teatrais orixinais como considere, a condición de que estean escritos en lingua galega. Devanditos textos teatrais recollerán como máximo oito personaxes a interpretar.

 

2. Solicitude e documentación

Os textos teatrais orixinais en lingua galega serán enviados ao buzón electrónico [email protected] poñendo no asunto “Lecturas Dramatizadas TEXTOS TEATRAIS EN GALEGO Fundación SGAE Galicia” e a continuación o título do texto. O correo electrónico deberá incluír tres arquivos anexos:

  • A)  Texto da obra.
  • B)  PDF cos datos persoais e de contacto, tales como nome, apelidos, enderezo actual (residencia habitual e residencia fiscal), correo electrónico, número de teléfono, ademais dun breve curriculum, incluíndo lugar e data de nacemento e número de socio SGAE.
  • C)  Autorización asinada polo solicitante a favor da Fundación SGAE para que esta poida facer uso dos seus datos de carácter persoal no marco desta convocatoria.

O prazo de presentación iniciarase o 3 de ABRIL de 2019 e manterase aberto ata o día 31 de MAIO de 2019 ás 14:00.

 


Publicidade

3. Procedemento de selección

A selección dos textos teatrais a representar realizaraa o Consello Territorial da SGAE en Galicia.

A decisión do Consello Territorial da SGAE de Galicia será inapelable. O nome dos autores dos textos seleccionados farase público antes do 1 de XULLO de 2019.

O Consello Territorial da SGAE en Galicia poderá declarar deserta a convocatoria para o ciclo de Lecturas Dramatizadas no caso de que ningún dos textos presentados cumpra cos requisitos esixidos no punto 4 que a continuación se detallan.

 

4. Criterios de avaliación


O Consello Territorial da SGAE de Galicia establece os seguintes criterios para valorar e seleccionar os textos presentados:

  • 
Ser socio/a de SGAE.
  • Ter a duración axeitada para unha representación teatral.
  • Estar escrito en lingua galega.
  • Non ter sido representado anteriormente.
  • A orixinalidade do texto dramático que se achega.
  • A creatividade do texto dramático que se achega.

 

5. Normas xerais

  • Os participantes eximen á Fundación SGAE de calquera responsabilidade derivada do plaxio ou de calquera outra transgresión da lexislación vixente en materia de propiedade intelectual en España na que puidesen incorrer coas obras presentadas.
  • Polo feito de concorrer a esta convocatoria, os autores participantes aceptan integramente estas Bases, así como as decisións do Consello Territorial de Galicia, e autorizan á Fundación SGAE a difundir información sobre a convocatoria que inclúa datos profesionais e/ou imaxes fotográficas dos autores dos textos seleccionados.
  • A Fundación SGAE non adquire, en virtude desta convocatoria, ningunha responsabilidade directa nin subsidiaria, en relación coa realización e desenvolvemento deste proxecto, distinta da detallada neste documento.
  • Para levar a cabo a representación dos textos teatrais seleccionados nas diferentes Lecturas Dramatizadas, o Consello Territorial de Galicia será quen elixa os directores participantes e cada un destes, á súa vez, será quen elixa os actores participantes na representación das mesmas.
  • En caso de reclamación ou conflito, tanto os participantes coma os organizadores do proxecto deberán someterse á xurisdicción dos Tribunais de Madrid capital, España, e considerarase como oficial o texto en castelán.

 

6. Deber de confidencialidade e protección de datos persoais

Toda a información que as partes fornezan na xestión desta convocatoria ten carácter confidencial e non poderá ser revelada a terceiros nin utilizada para fins distintos aos establecidos, agás as excepcións determinadas pola lexislación vixente.

Os datos de carácter persoal que voluntariamente faciliten os solicitantes incorporaranse nun ficheiro cuxo responsable é Fundación SGAE e serán utilizados, única e exclusivamente, para a xestión da participación do solicitante nesta convocatoria. O titular do Dereito Fundamental á Protección de Datos Persoais conta cos dereitos de Acceso, Rectificación, Supresión, Limitación, Oposición, Portabilidade de Datos e o de Non ser obxecto de decisións individuais automatizadas. Para exercelos pódese dirixir por escrito a: Fundación SGAE, á atención de Servizos Xurídicos, rúa Bárbara de Braganza, 7, 28004 Madrid. O escrito deberá indicar nome, apelidos e indicar o dereito exercitado e o motivo e deberá vir acompañado de fotocopia do DNI/NIE ou pasaporte. Fundación SGAE presume que os datos facilitados polo afectado son veraces e responden á súa situación actual. O afectado obrígase a comunicar a súa modificación dende o momento en que se produza.

Redacción

Redacción

Somos a erregueté | Revista Galega de Teatro.
A única publicación periódica que ten como obxecto as artes escénicas galegas dende 1983.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

teatroo |

Xose Prada gaña o Premio Platta de Teatro Breve – Galicia

NotAMomentTooSoonCarlson |

O CCVF de Guimarães dedica o Día da Danza a Merce Cunningham