Hoxe, venres 10 de maio, ás 19:30, Os Furabolos representarán, na Libraría Berbiriana da Coruña, O valo, de Carlos Labraña, obra coa que o autor conseguíu o IX Premio Manuel María de Literatura Dramática Infantil en 2016.
O valo –publicada por Xerais– é un texto que propón unha emocionante reflexión sobre a igualdade e a paz entre todas as persoas e comunidades coa guerra de Siria como pano de fondo.
Carlos Labraña é un autor ben coñecido polo seu teatro familiar, con títulos como O teatro dos soños, Os sons da buguina (II Premio Meira Moiga de Literatura infanto-xuvenil no 2006), A pequena compaña (VIII Premio Estornela de teatro para nenos, 2014) ou Moito morro corporation, Sociedade Ilimitada (Premio á mellor obra de teatro da Gala do Libro Galego no 2017).
O autor formara parte do elenco como xunto con Pablo Núñez.
- O festival internacional Galicia Magic Fest está a celebrar a súa novena edición - 03/01/2026
- Falece o actor Miquel Insua - 31/12/2025
- ButacaZero despide ‘IRIBARNE’ - 30/12/2025



