O Festival Corpo(a)terra 2019 abre a convocatoria para un grupo reducido de bailarinas e bailaríns para formar parte dunha residencia de formación artística con Jesús Rubio Gamo. As participantes seleccionadas partillarán o proceso de adaptación da peza Gran Bolero no contexto da IX edición do festival.
Características do proceso
As bailarinas e bailaríns seleccionadas:
1) Formarán parte desta Residencia Artística de formación entre o 8 e o 12 de xullo de 10:00 a 14:00 e de 15:00 a 19:00. A Residencia culminará coa presentación pública de Gran Bolero adaptada, pechando a programación oficial do Corpo(a)terra o día 13 de xullo en Ourense.
2) Recibirán unha bolsa para a primeira fase da programación de obradoiros Enxebre danza 2019, dende o 2 ata o 5 de xullo en Ourense.
3) Aloxamento en Ourense dende o 1 ata o 13 de xullo ambos incluídos. Almorzos e comidas.
Proceso de selección
Enviar a solicitude a :
[email protected]
Asunto: CONVOCATORIA BOLERO RESIDENCIA.
Documentación requerida:
- Breve CV
- Vídeo onde se vos vexa bailando.