in

A MITEU de Ourense entregou os seus premios

PinchesChamacosAtlantida |
FITAZ 2018

A XXIV Mostra Internacional de Teatro de Ourense, a Miteu, entregou o sábado os premios desta edición antes de que a Aula de Teatro Universitaria de Ourense Maricastaña clausurase a Mostra coa obra  Imposions, drogas, pasma e outras cousas das que preocuparse.

O premio do xurado foi para a compañía portugesa TeatrUbi de Colvilhã e a súa obra Cantico negro, con dirección de Rui Pires e interpretada por Edmilson Gomes, Helena Ribeiro, Mário Fonseca, Nina Schneider e Sara Cruz.

O premio do público levouno Teatro Espressivo de Costa Rica, que presentou La construcción del muro, unha obra escrita polo premio Pulitzer Robert Schenkkan na que se deixa unha reflexión acerca dos problemas que se poden derivar dos discursos de odio cara os migrantes.

Publicidade

O galardón á mellor resolución técnica –outorgado polos profesionais deste sector que traballan no Auditorio e no Teatro Principal– foil para Los Pinches Chamacos e a súa Papá está en la Atlántida, unha historia de orfandade, de amor, de loita e de solidariedade entre dous irmáns que emprenden unha viaxe para buscar ao seu pai nos Estados Unidos.

O Premio da Mostra, foille entregado a Ana Romaní quen, “sempre foi valedora da cultura galega e desde onde estivo e está sempre axudou a unha inciativa como a MITEU”. Ademais, cita a acta,  “o seu Diario cultural é un exemplo de programa amante e colaborador coa cultura do país. É unha muller que defende algo tan esencial nunha sociedade democrática como é a cultura e a liberdade de expresión. De aí o noso agredecemento e recoñecemento”.

Romaní subiu a recoller o premio coa camiseta de “Defende a Galega”, a plataforma dos traballadores e traballadoras da CRTVG de defensa da radio e a televisión públicas galegas, que leva un ano denunciando a manipulación e a censura neste medio público.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Redacción

Redacción

Somos a erregueté | Revista Galega de Teatro.
A única publicación periódica que ten como obxecto as artes escénicas galegas dende 1983.

Deixa unha resposta

Avatar

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

EroskiParaisoKalandraka03 |

‘Eroski Paraíso’ gaña o Premio Gala do Libro Galego na categoría “Teatro”

JesusRubioGamo |

Corpo(a)terra convoca unha residencia de formación con Jesús Rubio Gamo