in

Corpo(a)terra convoca unha residencia de formación con Jesús Rubio Gamo

JesusRubioGamo |

O Festival Corpo(a)terra 2019 abre a convocatoria para un grupo reducido de bailarinas e bailaríns para formar parte dunha residencia de formación artística con Jesús Rubio Gamo. As participantes seleccionadas partillarán o proceso de adaptación da peza Gran Bolero no contexto da IX edición do festival.

 

Características do proceso

Publicidade

As bailarinas e bailaríns seleccionadas:

1) Formarán parte desta Residencia Artística de formación entre o 8 e o 12 de xullo de 10:00 a 14:00 e de 15:00 a 19:00. A Residencia culminará coa presentación pública de Gran Bolero adaptada, pechando a programación oficial do Corpo(a)terra o día 13 de xullo en Ourense.

2) Recibirán unha bolsa para a primeira fase da programación de obradoiros Enxebre danza 2019, dende o 2 ata o 5 de xullo en Ourense.

3) Aloxamento en Ourense dende o 1 ata o 13 de xullo ambos incluídos. Almorzos e comidas.

 

Proceso de selección

Enviar a solicitude a :
[email protected]
Asunto: CONVOCATORIA BOLERO RESIDENCIA.
Documentación requerida:

  • Breve CV
  • Vídeo onde se vos vexa bailando.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Redacción

Redacción

Somos a erregueté | Revista Galega de Teatro.
A única publicación periódica que ten como obxecto as artes escénicas galegas dende 1983.

Deixa unha resposta

Avatar

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

PinchesChamacosAtlantida |

A MITEU de Ourense entregou os seus premios

FranSieiraEntreSoños |

Fran Sieira no TRC Danza da Coruña