in

Fran Sieira no TRC Danza da Coruña

FranSieiraEntreSoños |

Co gallo do Día das Letras Galegas, a compañía de Fran Sieira participa no programa TRC Danza, do Teatro Rosalía de Castro da Coruña, este xoves 16, ás 20:30, coa súa peza EntreSoños, unha obra de baile tradicional galego no marco da danza contemporánea que indaga no cruce de camiños existencial que aparece cando aparece o momento de loitar polos teus soños.

EntreSoños pon enriba do escenario a tres bailadores/cantadores: Fran Sieira, Aida Tarrío e Xisco Feijoó, ao son da música do compositor e músico multidisciplinar Anxo Pintos. Colaboran ademais, a escenógrafa Vanesa Hernández, o deseñador de iluminación Luis Perdiguero e o deseñador de vestiario Alessio Meloni.

Fran Sieira, que conta cunha intensa traxectoria como bailador de danza tradicional galega, conta para esta primeira produción da súa nova compañía coa visión contemporánea do director artístico David Vilarinyo que ven desenvolvendo a súa traxectoria entre Madrid, Zurich e Australia.

Publicidade

 

Sinopse

Todo o mundo, nalgún momento da súa vida, se viu nunha encrucillada. Atopouse, atópase ou posiblemente atoparase fronte a dous, ou máis, camiños que poden ser determinantes para o resto da súa vida. Nunca tiveches un soño que perseguir, pero polo que non te atreves a loitar? Ben por non saír da túa zona de confort, ou por medo a perder ese benestar… ou por calquera outra razón que fai desta decisión un dilema difícil de resolver. O soño, o meu soño, o máis prezado dos meus tesouros, a miña alma… Ese soño que me invade cada noite facéndome crer algo que non son, pero que podería chegar a ser… e á vez o medo e a incerteza que me dominan e me fan volver a ese estado de consciencia que me di que non é máis que un soño e que non deixará de ser nunca máis que iso… Dentro do meu soño teño alegría, total liberdade de expresión e movemento. Non importa con quen, para quen, de que maneira e onde. Só importa a música e o movemento que o meu corpo xera ao sentila.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Redacción

Redacción

Somos a erregueté | Revista Galega de Teatro.
A única publicación periódica que ten como obxecto as artes escénicas galegas dende 1983.

Deixa unha resposta

Avatar

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

JesusRubioGamo |

Corpo(a)terra convoca unha residencia de formación con Jesús Rubio Gamo

invisibles1 |

O CDG celebra as Letras Galegas con 3 montaxes de Redrum, o ciclo Teatro Ob-sceno e unha xornada de portas abertas