in

A nova compañía Acusmaser Opus preséntase hoxe na Illa con ‘Nun cuarto da rotonda’

NunCuartoDaRotonda01 |

Hoxe, venres 12 de xullo, ás 21:00, a compañía de nova creación Acusmaser Opus preestrea no Auditorio Municipal da Illa de Arousa a obra Nun cuarto da rotonda. A obra conta coa participación de Federico Pérez, Evaristo Calvo e Santi Romay.

Co título Nun cuarto da rotonda (Beckett + Pinter), o espectáculo presenta as obras Last Tape’s Krapp, de Samuel Beckett, e The Dumb Waiter, de Harold Pinter.

A función está dividida en dúas partes. Na primeira veremos Last Tape’s Krapp, un monólogo onde contemplamos a desespe- ración do seu único personaxe que manipula unha gravadora onde escoita as cintas nas que garda impresións da súa vida recollidas trinta anos atrás. Krapp non se recoñece a si mesmo e grava unha nova cinta coas impre- sións do presente. Estas resultan ser unha autocrítica sen piedade da súa xuventude.

Na segunda parte veremos The Dumb Waiter. Nesta obra, os dous protagonistas agardan ordes dunha entidade superior para acometer o seu traballo. Ben agarda pacientemente, pero Gus está inquieto e incómodo. Cuestiona o seu superior, un tal Wilson, ao que non vemos, e lanza continuas preguntas ao seu compañeiro. Ben vaise incomodando progresivamente ata acabar por botarlle as mans ao seu molesto parceiro. Para rematar, chéganlles ordes absurdas por medio de notas transferidas nun pequeno montacargas de hostalería disposto nunha das paredes do cuarto que habitan. Unha desas ordes será a da eliminación física dun ser humano.


Publicidade

Estas dúas comedias teñen en común que ambas se desenvolven nun cuarto. Tamén nas dúas os seus protagonistas manifestan a confusión propia de quen dá voltas nunha rotonda e non sabe qué camiño elixir; o camiño que vai ou o camiño.

A obra estrearase oficialmente na vindeira edición da MIT Ribadavia.

Redacción

Redacción

Somos a erregueté | Revista Galega de Teatro.
A única publicación periódica que ten como obxecto as artes escénicas galegas dende 1983.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

ArlequinaKukas |

Arlequina

MesaCDG |

Catro ex directores do CDG solicitan diálogo coa profesión teatral ao Presidente da Xunta