O Festival de Teatro Galego Celso Parada do Carballiño rematou coa entrega dos Premios Dorotea Bárcena, outorgados polo público e o xurado, composto este ano por Casilda Alfaro, Mariana Carballal, Xosé Leis, Rubén Riós e Manuel Xestoso, nunha gala presentada por Marián Bañobre.
Chévere recibiu o Premio ao Mellor Espectáculo –escollido polo público– por Curva España. Patricia Vázquez recibiu o premio á Mellor Actriz polo seu papel na obra A compañeira de piso, de Contraproducións, mentres que o Premio ao Mellor Actor foi para Machi Salgado, polo seu traballo en Idiota, de Redrum Teatro.
Ademais, Catro segundos, da Compañía IO recibiu o Premio ao Mellor Espectáculo de Rúa, e Pepo Suevos o Premio ao Mellor Monólogo, un galardón que se incorpora este ano ao palmarés do FETEGA.
Como xa fora anunciado, o Premio de Honra foille entregado á Miguel de Lira, un dos compoñentes de Chévere, compañía coa cal xa leva colleitados numerosos premios, entre eles o Premio Nacional de Teatro.
O FETEGA, que este ano pasou a chamarse Festival de Teatro Galego Celso Parada, celebrou neste ano o seu trixésimo aniversario.