A Academia Galega de Teatro, vén de facer público un comunicado no que amosa o seu apoio ao Festival Internacional de Teatro de Ourense (FITO) no que fai patente o seu “rexeitamento da decisión do Concello de Ourense de retirarlle o apoio ao Festival”.
A Academial apunta no seu comunicado que “o FITO, tras once edicións, é un festival consolidado e sería lamentable para Galicia, para o teatro e para Ourense que, por mor de decisións pouco meditadas e menos axeitadas, o publico ourensán e o teatro galego perderan unha programación de primeira orde”.
Deste xeito, a Academia Galega de Teatro súmase a outras manifestacións da profesión teatral en contra da polémica decisión que denuncian “a pouca sensibilidade cultural do actual Concello de Ourense” como as asinadas pola Asociación de Actores e Actrices de Galicia ou por Escena Galega, a Asociación Galega de Empresas de Artes Escénicas.