in

Teatro da Ramboia anuncia a estrea de ‘O meu mundo non é deste reino’ en Ourense

O Meu Mundo Non E Deste Reino | daramboia
A obra, baseada na Farsa de Bululú de Manuel María, foi a gañadora do I Certame Manuel María de Proxectos Teatrais convocado pola Fundación e Casa-Museo Manuel María. | Foto: Sabela Peinado |

 

Teatro da Ramboia anuncia a estrea de O meu mundo non é deste reino, o 7 de novembro, ás 20:30, no Auditorio de Ourense. Trátase dun espectáculo baseado na Farsa de Bululú de Manuel María, en colaboración coa Fundación Manuel María. O elenco está formado por Fran Lareu e Anxo García e a dirección é de María Peinado.

O meu mundo non é deste reino foi o proxecto gañador do I Certame Manuel María de Proxectos Teatrais convocado pola Fundación e Casa-Museo Manuel María, destinado a compañías profesionais galegas que premia a mellor proposta escénica dunha obra de Manuel María, co compromiso por parte da compañía gañadora de levalo a cabo no prazo de 10 meses e que supón o carácter bienal da convocatoria.


Publicidade

O premio adopta unha fórmula orixinal xa que substancialmente non se premia con diñeiro, senón con representacións. Así, desde a Fundación faise unha achega económica de 2.000 euros, e tanto os concellos colaboradores –A Coruña, Ames, Barbadás, Betanzos, Brión, Cambados, Cambre, Cangas, Carballo, Carral, Cedeira, Culleredo, Malpica, Monforte, Muros, Neda, Oleiros, Ponteareas, Pontevedra, Rianxo, Ribadeo, Verín, Vimianzo– como as deputacións adheridas –Deputacións de A Coruña, Lugo e Pontevedra– comprométense a que a obra gañadora sexa incluída na súa programación teatral. O resultado é, nesta edición, que a obra premiada xa parte cun número inicial de 26 representacións.

O xurado destacou entre os valores da obra gañadora o amplo abano de público ao que se dirixe; a diversidade de espazos e ambientes nos que pode ser escenificado e a probada calidade artística do elenco que se propón, tanto na área do teatro actoral como na de monicreques, así como a súa coherencia co universo dramático de Manuel María e, en concreto, coa obra escollida.

Redacción

Redacción

Somos a erregueté | Revista Galega de Teatro.
A única publicación periódica que ten como obxecto as artes escénicas galegas dende 1983.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Oquesegue |

Funboa Escénica estrea ‘O que segue’ no Salón Teatro de Compostela

CCGManuelLemos |

Mercedes Suárez deixa a dirección do Centro Coreógrafico Galego