A obra gañadora foi ‘A lúa vai encuberta’, adaptación da peza do poeta de Outeiro de Rei que contará cun mínimo de trinta representacións nas vilas e cidades galegas, ademais de 4000 euros á produción. O II Certame Manuel de Proxectos Teatrais, convocado pola Fundación e Casa-Museo Manuel María coa colaboración de 30 concellos e […]
Etiqueta: Manuel María
A Casa-Museo Manuel María convoca o II Certame de Proxectos Teatrais
A Casa-Museo Manuel María en colaboración cunha serie de concellos cuxo número e identidade se farán públicos proximamente, convocan o II Certame Manuel María de Proxectos Teatrais. Nesta convocatoria duplícase a contía económica achegada pola Fundación (4.000 euros), ao que haberá que sumar o número de funcións que se logre comprometer por parte de concellos […]
Teatro da Ramboia anuncia a estrea de ‘O meu mundo non é deste reino’ en Ourense
A obra, baseada na Farsa de Bululú de Manuel María, foi a gañadora do I Certame Manuel María de Proxectos Teatrais convocado pola Fundación e Casa-Museo Manuel María. | Foto: Sabela Peinado | Teatro da Ramboia anuncia a estrea de O meu mundo non é deste reino, o 7 de novembro, ás 20:30, no Auditorio […]
Presentación no Festigal da ‘Obra Teatral’ de Manuel María
Manuel María. Obra teatral, editado pola Casa Museo Manuel María, presentarase o vindeiro día 25 de xullo na Galería das Letras do Festigal 2019, no campus sur de Santiago de Compostela, ás 17:30. Participarán nesta presentación María do Pilar García Negro, responsábel da edición, e Alberte Ansede, secretario da Fundación Manuel María. Obra teatral reúne, por primeira […]
María Peinado: “Non ten sentido unha axuda á produción se despois a compañía non ten funcións”
Teatro da Ramboia vén de acadar o I Certame Manuel María de Proxectos Teatrais con O meu Mundo non é deste Reino, “unha proposta de gran coherencia co universo dramático do poeta lugués”, segundo a resolución do xurado. A compañía, formada por María Peinado, Fran Lareu e Anxo García, estreará a obra no próximo mes […]
Finalistas dos Premios Gala do Libro Galego na categoría ‘Teatro’
Hoxe fixéronse públicos os finalistas dos Premios Gala do Libro Galego, organizados pola Asociación de Escritoras en Lingua Galega, a Asociación Galega de Editoras e a Federación de Librarías de Galiza. A entrega de premios será o vindeiro 11 de maio en Compostela. Con estes premios preténdese recoñecer a excelencia do traballo realizado no ámbito […]
Presentación da ‘Obra teatral’ de Manuel María en Foz
A asociación cultural A Pomba do Arco de Foz organiza este xoves, 31 de xaneiro, ás 20.30, no Cenima de Foz, unha charla sobre “O teatro de Manuel María”, con Pilar García Negro e Alberte Ansede, en que se presentará o volume Obra Teatral de Manuel María. Obra teatral reúne, por primeira vez, as 33 obras […]
Teatro da Ramboia acada o I Certame Manuel María de Proxectos Teatrais
O Teatro Rosalía da Coruña acolleu a entrega do premio correspondente ao I Certame Manuel María de Proxectos Teatrais convocado pola Fundación e Casa-Museo Manuel María coa colaboración de 23 concellos e 3 deputacións. Teatro da Ramboia co proxecto realizado sobre o texto O meu mundo non é deste reino ou Farsa de Bululú foi […]
Preséntase a obra teatral completa de Manuel María
O teatro galego estará de celebración o próximo día 6 de outubro na Casa-Museo Manuel María. Por fin, as 33 obras de teatro que deixou escritas Manuel María veranse reunidas nun único volume de setecentas corenta páxinas, en capa dura, quedando así a disposición do público lector e das compañías de teatro para a súa […]
A Casa-Museo Manuel María convoca o I Certame de Proxectos Teatrais
A Casa-Museo Manuel María en colaboración cunha serie de concellos cuxo número e identidade se farán públicos proximamente, convocan o Certame Manuel María de Proxectos Teatrais, que se rexerá polas seguintes bases: 1º.- Fundamentación A Casa-Museo Manuel María ten como obxecto xeral a conservación e difusión da obrado escritor chairego, así como a promoción […]
Os soños na gaiola
Os soños inxenuos e os soños políticos | Manuel Xestoso | Hai dúas escolas de pensamento: unha proclama que o material do que están feitos os soños é a imaxinación; a outra estima que ese material é o ouro. Alicia, a protagonista de Os soños na gaiola, pertence a esta última tendencia. O […]