in

Presentación no Festigal da ‘Obra Teatral’ de Manuel María

obrateatralmanuelmaria |

Manuel María. Obra teatral, editado pola Casa Museo Manuel María, presentarase o vindeiro día 25 de xullo na Galería das Letras do Festigal 2019, no campus sur de Santiago de Compostela, ás 17:30. Participarán nesta presentación María do Pilar García Negro, responsábel da edición, e Alberte Ansede, secretario da Fundación Manuel María.

Obra teatral reúne, por primeira vez, as 33 obras de teatro que deixou escritas Manuel María, nun único volume de setecentas corenta páxinas. Moitas das pezas que se recollen neste volume eran inéditas ou de difícil localización e, no seu conxunto, dan boa mostra da salientábel e importante achega ao teatro galego e o lugar sobranceiro que a dramaturxia ten na obra literaria de Manuel María.


Publicidade

Malia que a obra de Manuel María (Outeiro de Rei, 1929–A Coruña, 2004) adoita identificarse inmeditamente coa poesía, o teatro ocupou unha boa parte das súas preocupacións, como demostra o elevado número de pezas que escribiu. Esta edición dispoñibiliza, en non poucos casos por primeira vez desde a súa inicial publicación, o conxunto das obras dramáticas do autor chairego.

Redacción

Redacción

Somos a erregueté | Revista Galega de Teatro.
A única publicación periódica que ten como obxecto as artes escénicas galegas dende 1983.

Deixa unha resposta

Avatar

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

JoanDArc02 |

Joan of Arc

Unpoyorojo05 |

Un poyo rojo